Un idioma preciso
200. Variante delta: os virus perderon o pasaporte
Mércores, 23 de xuño de 2021
199. Restaurar, rehabilitar, recuperar ou reconstruír un ecosistema?
Sábado, 05 de xuño de 2021
198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal
Mércores, 10 de abril de 2019
197. Deixade que vos explique que é o "mansplaining"
Xoves, 14 de marzo de 2019
196. Especies de estrangulamento... Peixes que afogan mariñeiros?
Venres, 15 de febreiro de 2019
195. Investigado, procesado, encausado, acusado... quen é quen?
Xoves, 26 de xullo de 2018
194. Vencellos, mantiños... outra de castelanismos travestidos
Mércores, 27 de xuño de 2018
193. Contradictio in terminis: cando o inglés é a mellor opción
Mércores, 06 de xuño de 2018
192. Os nosos datos persoais, os nosos dereitos
Venres, 25 de maio de 2018
191. Dío en inglés, que queda máis moderno: o caso dos "badges"
Venres, 27 de abril de 2018
190. Aforamentos de políticos, de leiras... e de teatros?
Xoves, 05 de abril de 2018
189. Brechas que cómpre ignorar, fendas que cómpre pechar
Xoves, 08 de marzo de 2018
188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe
Xoves, 22 de febreiro de 2018
187. O bitcoin e outros termos arredor del
Mércores, 07 de febreiro de 2018
167. Xogando a converterse en gamos?
Mércores, 29 de novembro de 2017
186. Un par de anglicismos da edición académica: "preprint" e "postprint"
Luns, 06 de novembro de 2017
185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?
Mércores, 20 de setembro de 2017
184. Argalleiros que melloran o mundo
Venres, 30 de xuño de 2017
183. Un latinismo vivindo na auga doce
Xoves, 08 de xuño de 2017
182. "Ransomware": se te secuestran mellor que te decates
Xoves, 25 de maio de 2017
181. Facer "escrol" coa barra de desprazamento.
Xoves, 11 de maio de 2017
180. Plantas que ruben, animais que gatean
Xoves, 07 de maio de 2015
179. As razóns da "ratio"
Venres, 27 de febreiro de 2015
178. Depreciación e desvalorización
Mércores, 28 de xaneiro de 2015
177. "Islamita" ou "islamista"?
Venres, 09 de xaneiro de 2015
176. Onde hai patrón...
Martes, 14 de outubro de 2014
175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?
Mércores, 02 de xullo de 2014
174. Abellóns por control remoto
Mércores, 18 de xuño de 2014
173. A "mariola" non é (só) un xogo.
Martes, 27 de maio de 2014
172. "Vial" e "viario": feitos o un para o outro?
Luns, 28 de abril de 2014
171. Cócteles de enerxías: "energy mix"
Luns, 24 de marzo de 2014
170. A RAG falla con "fallo".
Venres, 07 de marzo de 2014
169. Contidos "curados" é o contrario de contidos frescos?
Venres, 14 de febreiro de 2014
168. E Border de que enfermou?
Mércores, 22 de xaneiro de 2014
167. Xogando a converterse en gamos?
Luns, 16 de decembro de 2013
166. Startup, ou os anglicismos (disque) insubstituíbles
Luns, 02 de decembro de 2013
165. Un caso de trasacordos: *entablillar
Venres, 15 de novembro de 2013
164. Os gatos galegos rosman de contentos?
Martes, 29 de outubro de 2013
163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?
Mércores, 26 de xuño de 2013
162. Conformámonos co "achantamento"?
Venres, 31 de maio de 2013
161. # e &: dous símbolos na busca de nome
Venres, 10 de maio de 2013
160. Feixes que forman faxinas.
Martes, 02 de abril de 2013
159. Obstáculos para o atletismo
Luns, 11 de marzo de 2013
158. "Crowdfunding", ou mecenas en tempos de crise
Luns, 18 de febreiro de 2013
157. Caudais que non levan auga.
Xoves, 17 de xaneiro de 2013
156. Precisións dos lectores 7: o nome galego de "ocularia"
Venres, 21 de decembro de 2012
155. O *badén que non sabía se subía ou se baixaba
Martes, 14 de febreiro de 2012
154. Dúas miradas sobre un mesmo problema: liña de vida
Martes, 10 de xaneiro de 2012
153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa
Mércores, 14 de decembro de 2011
152. Case son cristais, pero non: os cuasicristais
Venres, 07 de outubro de 2011
151. Montes e moreas na memoria dun ordenador
Luns, 19 de setembro de 2011
150. Unha proposta de nomenclatura para os grupos de solos de referencia da FAO
Xoves, 14 de xullo de 2011
149. Non son bulbos, pero paréceno: os "bulbilos"
Mércores, 15 de xuño de 2011
148. Un "xacemento" en movemento
Mércores, 11 de maio de 2011
147. Ordenadores escravos con mestres que mandan neles
Venres, 15 de abril de 2011
146. Precisión ornitolóxica 6: *becada e *becacina
Mércores, 23 de marzo de 2011
145. Precisión ornitolóxica 5: lampareiro ou gavita para Haematopus ostralegus?
Venres, 25 de febreiro de 2011
144. Precisión ornitolóxica 4: Rallus aquaticus e Crex crex
Venres, 11 de febreiro de 2011
143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura
Mércores, 12 de xaneiro de 2011
142. Precisión ornitolóxica 2: mobella, non *colimbo
Luns, 27 de decembro de 2010
141. Precisións ornitolóxicas: unha serie de Silverio Cerradelo
Luns, 20 de decembro de 2010
140. Castelanismos agachados debaixo dun casco: a "carrileira"
Xoves, 09 de setembro de 2010
139. Cargar un coche cun enchufe: as "electrolineiras".
Venres, 18 de xuño de 2010
138. Ordenadores en tabletas
Luns, 31 de maio de 2010
137. Se quito grosor, estou regrosando?
Luns, 15 de marzo de 2010
136. O salto da lingua común á especializada: o caso de "nesgo"
Venres, 19 de febreiro de 2010
135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?
Venres, 29 de xaneiro de 2010
134. Agardando a vez para mandar: as "presidencias de quenda"
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
133. Novos títulos para novos estudos: maior e minor
Venres, 18 de decembro de 2009
132. Trialogando entre tres
Venres, 27 de novembro de 2009
131. Unha planta mediática... por canto tempo?
Martes, 10 de novembro de 2009
130. Ofertas e demandas elásticas
Venres, 16 de outubro de 2009
156. Precisións dos lectores 7: o nome galego de "ocularia"
Como chamarlle en galego a ese dispositivo (1), que colocado diante dos ollos e apoiado no nariz permite compensar os erros refractivos, ou protexer os ollos fronte a impactos ou radiacións nocivas?
![]() |
Os primeiros deles apareceron no norte da Italia a finais do século XIII1, recibindo diversos nomes, tanto en latín como nos vernáculos italianos, sendo os máis usados ocularia, en latin, e occhiali, en italiano. Non se sabe cando chegaron estes trebellos á Galiza, mais tendo en conta o datos que se coñecen doutros puntos da Europa, é de supor que algúns chegaran xa no século XIV, porén, que eu saiba, non son mencionados en ningún dos textos en galego que se conservan desas épocas.
Lentes ou anteollos?
En xeral, os diversos dicionarios galegos actuais fornecen dúas solucións: lentes ou anteollos2. Así o Dicionario da RAG define:
lente
s. f. 1. Disco de vidro ou outra substancia sólida transparente limitado por dúas superficies esféricas, unha delas con caras curvas, cóncavas ou convexas, que se usa en instrumentos ópticos para desviar os raios de luz3. Lente cóncava. As lentes úsanse para facer lupas, prismáticos etc.
pl. 2. Instrumento óptico composto por dúas lentes que se suxeitan ao nariz e ás orellas mediante unha montura e que serve para protexer a vista, corrixila ou ter unha mellor visión. Ten que usar lentes para ver de cerca. SIN. anteollos.
anteollos s.m.pl.
1. Instrumento óptico para ver ao lonxe, formado por dúas lentes situadas nos extremos dun tubo. Observaba cos anteollos como se afastaba o barco. CF. prismáticos.
2. Instrumento óptico composto por dúas lentes que se suxeitan ao nariz e ás orellas mediante unha armadura ou montura e que serve para protexer a vista, corrixila ou ter unha mellor visión. O oculista mandoulle pór anteollos. SIN. lentes.
Se ben non di explicitamente se algunha das dúas formas é preferida, faino implicitamente ao utilizar en xeral lentes. Véxanse, por exemplo, as entradas miope, amétrope ou gafas*.
En todo caso calquera delas presenta problemas á hora de ser empregada na linguaxe técnica.
Lentes
Esta solución é especialmente imprecisa. Así, atopamos que unhas lentes son -na definición do DRAG- "un instrumento óptico composto por dúas lentes...".
É mais, na óptica oftálmica –a que trata da compensación dos erros refractivos– existen diferentes tipos de lentes, que van adxectivadas en función dalgunha característica relevante. Así, en función da distancia á que permiten ver nitidamente fálase de lentes monofocais, bifocais, trifocais ou progresivas, e en función da súa posición a respecto do ollo fálase de lentes:
- intraoculares, cando colocadas dentro do ollo;
-
de contacto, cando colocadas en contacto coa córnea –parte externa do ollo–;
-
mais cando colocadas a unha certa distancia do ollo, nunha armazón que se apoia no nariz e nas orellas, cal sería a súa denominación?
En castelán europeo emprégase lente de gafa, en portugués lente de óculos, en francés verre de lunettes... En galego, usando a solución do DRAG teríamos que dicir lente de lentes. De maneira que, para definilas, poderíamos escribir algo tan confuso como:
As lentes usadas para elaborar lentes coñecen-se como lentes de lentes 4.
Anteollos
A segunda solución é menos confusa, pero ten un problema importante: as dúas acepcións que dá o DRAG, sendo claramente diferentes, están excesivamente próximas como para usar o mesmo termo para ambas. Así por exemplo, un profesor de óptica podería deleitar ao seu alumnado coa seguinte frase:
Un astigmata debe usar anteollos para ollar ao través duns anteollos, entanto que alguén con ametropía esférica pode evitar os anteollos5.
Na linguaxe técnica, poderiamos reservar o termo anteollos para a segunda acepción, e deixar para a primeira o termo binóculo(s), palabra que con este significado é usada tanto en portugués como en castelán. Porén, a pesar do DRAG ignoralo, en óptica emprégase a palabra anteollo (en singular) desde hai moitos anos para nomear un tipo específico de telescopio: monocular e refractivo. Parece lóxico, pois, deixar a forma anteollos para o instrumento que coloca un anteollo diante de cada ollo co fin de observar obxectos afastados.
Outros dicionarios galegos
Hai dous dicionarios especialmente relevantes para este tema:
-
o dicionario italiano-galego do Centro Ramón Piñeiro, e
O primeiro inclúe bastantes frases onde se traduce o termo italiano correspondente, occhiali, ao galego. Se ben ás veces usa anteollos, por exemplo na páxina 314 ("para referirse á 'lentes, anteollos' en italiano emprégase o termo occhiali"), en xeral prefire moi maioritariamente a forma lentes. Así por exemplo na definición de occhiali di:
occhiali
s.m. pl.
Lentes, anteollos. Usava gli occhiali solo per leggere. Usaba as lentes só para ler.
# occhiali da sole: lentes para o sol; occhiali da vista: lentes graduadas.
O segundo dicionario, pola súa parte, utiliza preferentemente anteollos, aínda que tamén inclúe unha definición de lente similar á dada polo DRAG. É normal que nun dicionario técnico de medicina se opte por anteollos en vez de lentes, xa que é unha solución menos confusa; a cuestión na que probabelmente non se pensou é que no eido da óptica o significado habitual de anteollo interfire na usabilidade desa proposta.
Alén fronteiras
Visto que as formas incluídas nos dicionarios galegos non son moi axeitadas para o galego técnico6, pasemos a considerar outras posibilidades, partindo dos vocábulos utilizados noutras linguas da nosa contorna.
Na táboa seguinte inclúense os nomes do dispositivo estudado, así como das súas partes, en diferentes linguas, facendo referencia aos números da figura presentada máis arriba. Como se pode observar a terminoloxía é moi variada:
|
1 |
2 |
3 |
|
Castelán |
gafa, gafas, anteojos, (los) lentes, espejuelos |
lente, cristal |
montura, armazón, armadura, gafas |
lente de gafa, lente de anteojos, cristales de lentes |
Catalán |
ulleres |
lent |
carcassa |
lent d'ulleres, lent de carcassa |
Francés |
lunettes (de vue) |
verre (correcteur), lentille |
monture |
verre de lunettes, lentille de lunettes |
Inglés |
spectacle, glasses, eyeglasses, eyewear |
lens |
frame |
spectacle lens |
Italiano |
occhiali [okjali] (plural de occhialo) |
lente |
montatura, armatura |
lente a occhiali |
Portugués |
óculos |
lente |
armação |
lente de óculos |
Nalgunhas linguas úsanse diferentes nomes para o mesmo concepto. En inglés as diferenzas son de uso: spectacles é a forma técnica, glasses a popular, e eyewear é a forma máis abranxente, xa que pode aplicárselle tanto a spectacles, como a sunglasses7 e a goggles8. No entanto en castelán as diferenzas son principalmente xeográficas9, así gafas10 úsase principalmente en España, anteojos no Cono Sur11, (los) lentes é a forma mais usual en case toda Hispanoamérica e finalmente espejuelos é a forma usual en Cuba, Puerto Rico e na comunidade hispana de Florida.
De aplicarmos os criterios utilizados para a elaboración da Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, especialmente o 3º e o 4º, que son os máis acaídos a este caso, deberiamos ter en conta a terminoloxía portuguesa, que neste punto é ben clara, a diferenza do que pasa no castelán.
Por outro lado á hora de propor nova terminoloxía, considero básico ter en conta a situación sociolingüística galega, onde se producen moi poucos textos técnicos e estes obteñen unha difusión un tanto reducida. De forma que un neoloxismo autóctono que non conte co apoio dun termo semellante nunha lingua próxima –castelán, portugués ou mesmo inglés– dificilmente vai atinxir un uso considerábel.
Se a Galiza estiver no continente americano, posibelmente a forma anteollos tería máis vitalidade e sería máis recomendábel, tendo que procurar unha alternativa para o telescopio monocular refractivo. Mais o galego sofre influencia do castelán europeo, e non do americano, e anteollos, ademais de un pouco confuso, soa arcaico. Precisamente pola influencia do castelán a forma máis usada na Galiza actual, mesmo en galego, é gafas. Esta forma é evidentemente un castelanismo, aínda que con moita probabilidade tanto anteollos como lentes tamén entraron no galego por influxo do castelán.
Tendo en conta todo o anterior, na miña opinión o máis acaido é adoptarmos a terminoloxía portuguesa: óculos (1), lente (2), armazón (3) e lente de óculos. Outra posibilidade, que considero menos pertinente, pero que tamén permite un uso preciso do idioma, é empregar a terminoloxía do castelán europeo: gafas (1), lente (2), montura (3) e lente de gafa. |
Ramon Flores Seijas. Profesor titular do Dpto. de Física Aplicada da USC
Venres, 21 de decembro de 2012