Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

140. Castelanismos agachados debaixo dun casco: a "carrileira"

Nestas últimas semanas, as imaxes dos traballadores dedicados a combater os incendios forestais volveron a aparecer case a diario en moitos medios de comunicación, e canda elas as queixas e denuncias sobre as deficiencias dos equipos de protección individual con que traballan.

Un dos elementos básicos dese equipo é o casco de seguridade ou casco de protección, que normalmente se suxeita firmemente á cabeza por medio dunha cadeíña ou correa axustable que se pasa por debaixo do queixo, e que segundo algúns dicionarios galegos debemos chamar carrileira.

A escolla desta denominación -e xa chegamos ao asunto que nos vai ocupar hoxe- chamou a nosa atención, así que intentamos atopar rastros do seu uso. Nos corpus da lingua galega que consultamos a palabra aparece sempre vinculada a outros conceptos, en concreto ao de 'camiño estreito, destinado ao paso de carros'. Onde si aparecía documentada era nos dicionarios galegos dos séculos XIX e XX, pero o rastro que alí se nos ofrecía era ben curioso.

Xa desde o século XIX estes traballos incluían unha entrada carrilleira, que se facía equivaler ao castelán carrillera, e á que se lle outorgaban os significados de 'camiño ou un paso para carros' e de 'cinta ou cordón para asegurar o sombreiro'. O primeiro deles pode documentarse en textos galegos de calquera época, pero o segundo parece unha traslación dun dos significados da palabra castelá: o proceso denominativo que en castelán tiña coherencia lingüística interna, xa que a zona da cara pola que pasaba esa cinta recibía o nome de carrillo, en galego perdíaa totalmente en galego, pois esa rexión da cara é coñecida entre nós como meixela, fazula ou faceira.

Tal vez foi esa percepción de que carrilleira era un castelanismo a que provocou que a partir do Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1972) o concepto 'cinta ou correa que se emprega para suxeitar por debaixo da barba un casco ou un sombreiro' pasase a designarse como carrileira, de aparencia máis galega ao perder ese -ll-. Se cadra, ese cambio na aparencia da denominación -que segue sendo tan castelanismo coma antes- explica que se coase ata dicionarios contemporáneos de referencia, e aínda ata obras avaladas pola Real Academia, como as que ligamos no segundo parágrafo.

Despois de toda esta viaxe esperamos que quede claro por qué carrilleira e carrileira son, referidos á correa que suxeita o casco de seguridade, castelanismos. E probablemente tamén o serán outras formas atopadas en diversos documentos, como barboqueixo, barbuqueixo ou barbaqueixo, se temos en conta que o nome máis habitual en castelán para ese concepto é barboquejo.

Temos pois, que seguir buscando un nome galego para esa correa, e neste caso as linguas do contorno non parece de moita axuda, pois optan por camiños moi diverxentes, desde as que empregan formas puramente descritivas, como o inglés chinstrap, ata as que parecen conservar ou actualizar palabras patrimoniais de cada unha das linguas respectivas, como fan o francés (jugulaire), o catalán (barballera) ou o portugués (francalete).

En galego, parécenos que o mellor é recomendar o uso de barbicacho, definido no Gran dicionario Xerais da lingua como 'cordón, fita ou cinta que pasa por baixo do queixo para suxeitar a gorra, o sombreiro ou o casco', e recollido tamén en dicionarios casteláns e portugueses. Segundo os dicionarios galegos de finais do XIX e comezos do XX era unha 'cinta ou pedazo de coiro trenzado que nos xugos da canga permitía suxeitar os animais a eles pasándolles por baixo do pescozo', tamén coñecida como pioga ou apear, polo que a reutilización da palabra patrimonial para o novo concepto ten agora a coherencia interna que non atopamos cando analizabamos a recomendación de carrileira.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Xoves, 09 de setembro de 2010