Un idioma preciso
200. Variante delta: os virus perderon o pasaporte
Mércores, 23 de xuño de 2021
199. Restaurar, rehabilitar, recuperar ou reconstruír un ecosistema?
Sábado, 05 de xuño de 2021
198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal
Mércores, 10 de abril de 2019
197. Deixade que vos explique que é o "mansplaining"
Xoves, 14 de marzo de 2019
196. Especies de estrangulamento... Peixes que afogan mariñeiros?
Venres, 15 de febreiro de 2019
195. Investigado, procesado, encausado, acusado... quen é quen?
Xoves, 26 de xullo de 2018
194. Vencellos, mantiños... outra de castelanismos travestidos
Mércores, 27 de xuño de 2018
193. Contradictio in terminis: cando o inglés é a mellor opción
Mércores, 06 de xuño de 2018
192. Os nosos datos persoais, os nosos dereitos
Venres, 25 de maio de 2018
191. Dío en inglés, que queda máis moderno: o caso dos "badges"
Venres, 27 de abril de 2018
190. Aforamentos de políticos, de leiras... e de teatros?
Xoves, 05 de abril de 2018
189. Brechas que cómpre ignorar, fendas que cómpre pechar
Xoves, 08 de marzo de 2018
188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe
Xoves, 22 de febreiro de 2018
187. O bitcoin e outros termos arredor del
Mércores, 07 de febreiro de 2018
167. Xogando a converterse en gamos?
Mércores, 29 de novembro de 2017
186. Un par de anglicismos da edición académica: "preprint" e "postprint"
Luns, 06 de novembro de 2017
185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?
Mércores, 20 de setembro de 2017
184. Argalleiros que melloran o mundo
Venres, 30 de xuño de 2017
183. Un latinismo vivindo na auga doce
Xoves, 08 de xuño de 2017
182. "Ransomware": se te secuestran mellor que te decates
Xoves, 25 de maio de 2017
181. Facer "escrol" coa barra de desprazamento.
Xoves, 11 de maio de 2017
180. Plantas que ruben, animais que gatean
Xoves, 07 de maio de 2015
179. As razóns da "ratio"
Venres, 27 de febreiro de 2015
178. Depreciación e desvalorización
Mércores, 28 de xaneiro de 2015
177. "Islamita" ou "islamista"?
Venres, 09 de xaneiro de 2015
176. Onde hai patrón...
Martes, 14 de outubro de 2014
175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?
Mércores, 02 de xullo de 2014
174. Abellóns por control remoto
Mércores, 18 de xuño de 2014
173. A "mariola" non é (só) un xogo.
Martes, 27 de maio de 2014
172. "Vial" e "viario": feitos o un para o outro?
Luns, 28 de abril de 2014
171. Cócteles de enerxías: "energy mix"
Luns, 24 de marzo de 2014
170. A RAG falla con "fallo".
Venres, 07 de marzo de 2014
169. Contidos "curados" é o contrario de contidos frescos?
Venres, 14 de febreiro de 2014
168. E Border de que enfermou?
Mércores, 22 de xaneiro de 2014
167. Xogando a converterse en gamos?
Luns, 16 de decembro de 2013
166. Startup, ou os anglicismos (disque) insubstituíbles
Luns, 02 de decembro de 2013
165. Un caso de trasacordos: *entablillar
Venres, 15 de novembro de 2013
164. Os gatos galegos rosman de contentos?
Martes, 29 de outubro de 2013
163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?
Mércores, 26 de xuño de 2013
162. Conformámonos co "achantamento"?
Venres, 31 de maio de 2013
161. # e &: dous símbolos na busca de nome
Venres, 10 de maio de 2013
160. Feixes que forman faxinas.
Martes, 02 de abril de 2013
159. Obstáculos para o atletismo
Luns, 11 de marzo de 2013
158. "Crowdfunding", ou mecenas en tempos de crise
Luns, 18 de febreiro de 2013
157. Caudais que non levan auga.
Xoves, 17 de xaneiro de 2013
156. Precisións dos lectores 7: o nome galego de "ocularia"
Venres, 21 de decembro de 2012
155. O *badén que non sabía se subía ou se baixaba
Martes, 14 de febreiro de 2012
154. Dúas miradas sobre un mesmo problema: liña de vida
Martes, 10 de xaneiro de 2012
153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa
Mércores, 14 de decembro de 2011
152. Case son cristais, pero non: os cuasicristais
Venres, 07 de outubro de 2011
151. Montes e moreas na memoria dun ordenador
Luns, 19 de setembro de 2011
150. Unha proposta de nomenclatura para os grupos de solos de referencia da FAO
Xoves, 14 de xullo de 2011
149. Non son bulbos, pero paréceno: os "bulbilos"
Mércores, 15 de xuño de 2011
148. Un "xacemento" en movemento
Mércores, 11 de maio de 2011
147. Ordenadores escravos con mestres que mandan neles
Venres, 15 de abril de 2011
146. Precisión ornitolóxica 6: *becada e *becacina
Mércores, 23 de marzo de 2011
145. Precisión ornitolóxica 5: lampareiro ou gavita para Haematopus ostralegus?
Venres, 25 de febreiro de 2011
144. Precisión ornitolóxica 4: Rallus aquaticus e Crex crex
Venres, 11 de febreiro de 2011
143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura
Mércores, 12 de xaneiro de 2011
142. Precisión ornitolóxica 2: mobella, non *colimbo
Luns, 27 de decembro de 2010
141. Precisións ornitolóxicas: unha serie de Silverio Cerradelo
Luns, 20 de decembro de 2010
140. Castelanismos agachados debaixo dun casco: a "carrileira"
Xoves, 09 de setembro de 2010
139. Cargar un coche cun enchufe: as "electrolineiras".
Venres, 18 de xuño de 2010
138. Ordenadores en tabletas
Luns, 31 de maio de 2010
137. Se quito grosor, estou regrosando?
Luns, 15 de marzo de 2010
136. O salto da lingua común á especializada: o caso de "nesgo"
Venres, 19 de febreiro de 2010
135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?
Venres, 29 de xaneiro de 2010
134. Agardando a vez para mandar: as "presidencias de quenda"
Mércores, 13 de xaneiro de 2010
133. Novos títulos para novos estudos: maior e minor
Venres, 18 de decembro de 2009
132. Trialogando entre tres
Venres, 27 de novembro de 2009
131. Unha planta mediática... por canto tempo?
Martes, 10 de novembro de 2009
130. Ofertas e demandas elásticas
Venres, 16 de outubro de 2009
138. Ordenadores en tabletas
A chegada do iPad ás tendas españolas estase convertendo nunha noticia de primeira magnitude e ten todo o xeito de ir espertar unha nova febre por apañar este trebello tecnolóxico.
Porén, a nós unha das cousas que máis nos chamou a atención del é o nome que se lle está dando (tableta en castelán e galego, tablete en portugués, tablette en francés...), copiando -valoraremos agora se con xeito ou sen el- o tablet do inglés americano.
Ao mellor hai entre vós quen lembra que xa andamos ás voltas con esta palabra hai uns aniños, decidindo se conviría incluíla dentro do vocabulario especializado da farmacoloxía, a pesar de que a Real Academia Galega desaconsellaba o seu uso. Pero no momento actual, e polo menos no ámbito da informática, esta institución acepta o emprego de tableta (tableta dixitalizadora) e aínda de tablet (tablet PC).
Se aquí levamos defendido que tableta debería incorporarse como unha denominación galega no ámbito farmacolóxico, e agora a RAG decide facer o mesmo no informático, estarédesvos preguntando cal é o problema.
Pois tal e como nós o vemos ao establecer a equivalencia tablet <> tableta castelán e galego estanse deixando levar pola semellanza formal e non pola de significados, incorrendo por iso, nun problema de falsos amigos. A ver se somos quen de explicalo:
En inglés, a palabra tablet designa historicamente varios conceptos diferentes. Á hora de buscar nome para os dispositivos informáticos que se acabaron coñecendo como tablet PC e tablet computer recorreuse a un procedemento moi habitual no ámbito da informática (vid. por exemplo mouse) consistente reaproveitar o nome doutro obxecto que fose semellante pola súa forma ou por algún aspecto significativo da súa utilización.
Aí tablet presentábase como unha boa escolla xa que se viña empregando para referirse dous obxectos que compartían cos novos trebellos a particularidade de tratarse de superficies planas sobre as que se podía escribir empregando un utensilio:
- os 'fragmentos de pedra, madeira ou metal empregados para realizar inscricións ou gravados sobre eles'
- o 'conxunto de follas de papel unidas por un dos seus lados que se emprega para escribir' (e non é un detalle menor que unha palabra sinónima fose pad).
Se algún deles recibise en galego o nome de tableta, estariamos diante dun calco totalmente lexítimo, igual que o é chamarlle rato ao periférico do ordenador copiando o procedemento polo cal en inglés se empregou mouse. Pero a realidade é que en galego os obxectos antes apuntados coñécense respectivamente como taboíña e caderno; polo tanto, o nome dese tipo de dispositivos debería -en principio- construírse sobre unha delas.
Despois de toda esta argumentación podemos concluír que desde un punto de vista lingüístico deberían evitarse as denominacións que incorporasen a forma tableta (ordenador de tableta, computador tableta...). Como alternativa poderíase intentar estender o uso dalgún neoloxismo baseado en caderno ou taboíña (ordenador caderno, ou ordenador táctil, poñamos por caso); ou senón, aceptar o anglicismo sen ningunha modificación (tablet), tendo en conta que encaixa bastante ben coa estrutura gráfica do galego. |
XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO
Luns, 31 de maio de 2010