Un idioma preciso

198. Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Mércores, 10 de abril de 2019

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

136. O salto da lingua común á especializada: o caso de "nesgo"

Un fenómeno moi frecuente en todas as linguas é o transvasamento de palabras entre o nivel especializado e o común. Así, fomas coma miope ou reciclar pasan do primeiro ao segundo para pasar a caracterizar persoas ('que é torpe e sen perspicacia') ou describir procesos de actualización de coñecementos; e outras como rato, peneirado ou nesgo viaxan en sentido inverso para nomear novos conceptos da informática, a xenética ou a estatística.

 

No caso desta última, nesgo rexístrase nos dicionarios de lingua facendo parte da locución ao nesgo ('de forma oblicua'). Esta referencia ao sentido oblícuo aparece en todas as formas desta familia léxica (nesga, nesgar), e emparenta estas denominacións coa forma do castelán sesgo, co francés biais, co portugués viés, ou co inglés bias.

 

Esta equivalencia no ámbito da lingua común é probablemente a que explica que nesgo viaxe ata o léxico da estatística, para designar a 'variación entre a medida dunha variable estatística e o valor real da magnitude que apreciar, o que resta representatividade á mostra respecto á poboación de orixe', de forma paralela a como o fan os seus equivalentes nas outras linguas. En parte delas, estas denominacións conviven con outras máis descritivas como systematic error, erro sistemático ou erreur systématique.

 

 Todo o anterior permítenos chegar a varias conclusións:

  • Debemos evitar o emprego de sesgo e de toda a súa familia léxica como formas galegas, tanto na lingua común como na especializada.
  • Para o significado de 'dirección que toma un proxecto ou unha iniciativa' debemos empregar rumbo, se lle facemos caso á Real Academia Galega; para expresar a idea de 'sentido oblicuo' recorreremos á locución ao nesgo.
  • No terreo das matemáticas, parécenos razoable a escolla de nesgo como nome para o concepto estatístico que máis arriba describimos, xa que reproduce o esquema seguido nas linguas veciñas para construír as súas respectivas denominacións, e a pesar de que os dicionarios de lingua xeral só recollen formas derivadas, como nesgado.
    Tampouco parece existir ningún problema para asumir como adecuado o emprego de erro sistemático como forma equivalente en galego, aínda que o seu uso real é moito máis restrinxido.

 

Se nesgo vai ser a forma principal de designar ese concepto, é dela de onde debemos partir para nomear outros derivados como:

  • non-nesgado ou innesgado (EN: unbiased. ES: insesgado. FR: non biaisé. PT: não-enviesado)
  • nesgamento (EN: biasness; biasedness. ES: sesgadez. PT: enviesamento)
  • non-nesgamento ou innesgamento (EN: unbiasness; unbiasedness. ES: insesgadez. PT: não-enviesamento)

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 19 de febreiro de 2010