Axenda

 

 

Ruxerruxe

IV Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC (IV Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC , xoves, 16 de setembro de 2021)

Arredor do 16 de setembro de 2021, celebrarase o acto de entrega do premio "Luís Porteiro Garea", correspondente á cuarta edición. Con este premio quérese distinguir a iniciativa, o traballo ou a traxectoria daquelas persoas, entidades ou colectivos, tanto actuais como pasadas da USC (alumnado, persoal de administración e servizos, persoal docente e investigador), que contribuíran á normalización da lingua galega na propia USC.


Axudas ás teses de doutoramento en galego (Axudas ás teses de doutoramento en galego , domingo, 31 de outubro de 2021)

Co obxecto de incentivar o uso do galego na investigación básica, a USC ofrece axudas á redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento. Concretamente, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ofréceche: Asesoramento lingüístico e terminolóxico; apoio para a defensa oral con presentacións dixitais e unha axuda económica de ata 400€, que cómpre solicitar antes do 31 de outubro do ano 2021.


VII Concurso lilterario "Mazarelos" (Premios Mazarelos , xoves, 30 de setembro de 2021)

Pode participar o alumnado de grao, mestrado e doutoramento da USC e o persoal investigador contratado da USC, que o sexa en calquera momento do ano 2021 anterior á finalización do prazo de presentación, o 30 de setembro de 2021.

As obras poden responder á modalidade aberta (en xénero e temática) ou á modalidade científica (a ciencia como tema ou pano de fondo; o xénero, libre). Cada autora ou autor pode presentar unha única obra a cada unha das modalidades. Deberá ser orixinal, escrito en lingua galega e inédito.

Os premios do certame están dotados con 600 e 400 euros na modalidade aberta, e 500 euros na modalidade científica. En ambos os casos, con diploma honorífico.

 


Premios á calidade lingüística dos traballos académicos de grao (Premios á calidade lingüística , sábado, 31 de xullo de 2021)

Os Premios á calidade lingüística distinguen na primeira da súas modalidades os mellores traballos académicos realizados para unha materia de graos da USC en lingua galega. O prazo para presentar o(s) teu(s) traballo(s) académico(s) ao concurso remata o 31 de xullo de 2021. Consulta as bases!


Premios á calidade lingüistica dos TFG e TFM (Premios á calidade lingüística , xoves, 30 de setembro de 2021)

Os Premios á calidade lingüística distinguen, na segunda e terceira das súas modalidades, os mellores TFG e TFM escritos en galego. Hai cinco premios, un por cada área de coñecemento, en cada unha das dúas modalidades: cinco premios de 300 euros para a de TFG e cinco premios de 500 euros para a de TFM. O prazo para presentares os teus traballos remata o 30 de setembro de 2021. Consulta as bases!


Explícoche matemáticas 2.0 (Explícoche matemáticas 2.0 , venres, 26 de marzo de 2021)

O concurso Explícoche matemáticas 2.0, organizado pola CNL de Matemáticas, está dirixido a alumnado da ESO e bacharelato, así como alumnado de graos, mestrado e doutoramento. Para participar, ata o 26 de marzo, cómpre presentar un vídeo sobre un concepto matemático de entre 1:30 e 2:30 minutos. Hai tres premios de 200 euros (ESO e bacharelato, graos, e mestrado-doutoramento) e un premio de 100 euros, do público.


Matrícula no módulo "Presentacións dixitais eficientes" (Presentacións dixitais eficientes , domingo, 18 de abril de 2021)

O obxectivo deste módulo é promover a elaboración de presentacións de calidade para a defensa de traballos académicos, TFG, TFM ou teses de doutoramento. Dura 25 horas e desenvolverase do 4 ao 26 de maio de xeito telepresencial. O prazo de matrícula vai do 18 ao 28 de abril. Computa 1 ECTS por recoñecemento de créditos transversais (lingua).


Matrícula no módulo "Falar en público" (Falar en públicos , xoves, 18 de marzo de 2021)

O obxectivo deste módulo do Curso de habilidades comunicativas é mellorar a presentación oral dos traballos académicos, TFG, TFM e teses de doutoramento. Dura 25 horas e desenvolverase do 6 ao 28 de abril de xeito telepresencial. O prazo de inscrición vai do 18 ao 28 de marzo. Computa 1 ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua).


Inscrición no módulo "Falar en público" (Falar en público , mércores, 01 de xaneiro de 2020 ao venres, 28 de febreiro de 2020)

O obxectivo deste módulo é mellorar a presentación oral dos traballos académicos, TFG, TFM e teses de doutoramento. Dura 25 horas e desenvolverase no mes de marzo, de xeito semipresencial, tanto en Santiago como en Lugo. O prazo de inscrición remata o 28 de febreiro. Computa 1 ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua).


Inscrición no módulo "Presentacións dixitais eficientes" (Presentacións dixitais eficientes , mércores, 01 de xaneiro de 2020 ao martes, 31 de marzo de 2020)

O obxectivo deste módulo é promover a elaboración de presentacións de calidade para a defenisa de traballos académicos, TFG, TFM ou teses de doutoramento. Dura 25 horas e desenvolverase no mes de abril, de xeito semipresencial, tanto en Santiago como en Lugo. O prazo de inscrición remata o 28 de febreiro. Computa 1 ECTS por recoñecemento de créditos transversais (lingua).


Inscrición no Obradoiro de linguaxe xurídica en galego (Obradoiro de redacción e linguaxe xurídica en galego , mércores, 01 de xaneiro de 2020 ao venres, 14 de febreiro de 2020)

O «Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica I», cuxo prazo de inscrición remata o 14 de febreiro, busca darlles formación específica aos estudantes de Dereito verbo do seu tecnolecto en galego, ligándoa cos procesos de modernización e democratización. Terá lugar na Aula 17 da Facultade de Dereito os días 19-20; 26-27 de febreiro; 4-5 e 11 de marzo de 2020 en horario de 18:00 a 21:00 h. O curso ten unha duración de 20 horas presenciais mais 10 horas para preparación de actividades e traballos.

O curso ten imputado 1 crédito ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua galega) para os estudantes do grao de Dereito.  Ás persoas asistentes que superen o curso expediráselles un diploma de asistencia e aproveitamento por 30 horas.


Axudas ás teses de doutoramento en lingua galega (Axudas ás teses en galego , venres, 01 de novembro de 2019 ao domingo, 01 de novembro de 2020)

Co obxecto de incentivar o uso do galego na investigación básica, a USC convoca as axudas á elaboración e defensa de teses de doutoramento en lingua galega, que consisten nunha subvención ecónomica ata 400 euros, asesoramento lingüístico e terminolóxico, e mais apoio para a defensa oral con presentacións dixitais.

O prazo para solicitar a axuda económica remata o 31 de outubro de 2020.


Inscrición nos cursos de preparación dos Celga (Resolución do 17 de xaneiro de 2020 , xoves, 30 de xaneiro de 2020 ao mércores, 19 de febreiro de 2020)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o 30 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2020.


Concurso literario Mazarelos (V Concurso literario "Mazarelos" , xoves, 23 de maio de 2019 ao venres, 27 de setembro de 2019)

Calquera estudante da USC, sexa cal for a titulación que curse, pode participar no Mazarelos cunha obra de calquera xénero literario e calquera tema, orixinal e escrito en lingua galega. Establécense tres premios de 700, 400 e 200 euros mais diploma. O prazo para a presentación de orixinais remata o 27 de setembro de 2019.


Entrega do II Premio "Luís Porteiro Garea" ao profesor Gómez Segade (II Premio "Luis Porteiro Garea" , luns, 16 de setembro de 2019 ao luns, 16 de setembro de 2019)

A entrega do II Premio da USC "Luis Porteiro Garea" concedéuslle por unanimidade ao profesor emérito Xosé Antón Gómez Segade, catedrático de Dereito Mercantil da USC. Recoñécese así o seu compromiso coa lingua na súa vocación de creador e, sobre todo, de transmisor do coñecemento do dereito, especialmente no eido da propiedade industrial, onde goza dun enorme prestixio e proxección internacional.

Celebrarase nun acto público no Paraninfo da Universidade o 16 de setembro, coincidindo co aniversario da primeira lección en galego de que se ten constancia e que fóra pronunciada nese mesmo lugar en 1915 polo profesor Porteiro Garea.


Somos a curta! (Somos a curta! , xoves, 23 de maio de 2019 ao venres, 11 de outubro de 2019)

Se es estudante dalgunha das universidades galegas, do ciclo de Imaxe e Son, ou de bacharelato artístico neste ano 2019, podes participar no VIII «Somos a curta!». As pezas que se presenten ao concurso deben responder ao concepto “cinema do real”. Para participar debes achegar a peza e mais os datos correspondentes á Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC ata o 11 de outubro de 2019. Poderase facer mediante as plataformas Office365 ou WeTransfer, así como mediante dvd. O xurado, composto por membros da comunidade universitaria, valorará a calidade da lingua, a orixinalidade, o tratamento do tema e a profundidade da análise socio-política, así como a calidade formal das pezas.


Premios á calidade lingüística dos traballos académicos, TFG e TFM (XV Premios á calidade lingüística , mércores, 02 de outubro de 2019)

O prazo de presentacíon de traballos académicos de curso aos XV Premios á calidade lingüística remata o 31 de xullo de 2019, e o dos TFG e TFM o 2 de outubro.


Obradoiro de gravación e edición de vídeos co móbil (Obradoiro de gravación e edición de vídeos co móbil , xoves, 21 de febreiro de 2019 ao venres, 22 de febreiro de 2019)

Este Obradoiro de gravación e edición de vídeos co móbil que organza a CNL de Matemáticas pretende dotar o alumnado dos coñecementos necesarios para gravar e editar vídeos de calidade co móbil. Coa axuda do profesorado, os asistentes ao curso realizarán un vídeo-presentación do concurso Explícoche Matemáticas 2.0. A ferramenta para a gravación e edición do vídeo será unicamente o teléfono móbil.

Hai 30 prazas e cómpre inscribirse. O obradoiro desenvolverase o 21 de febreiro.


Explícoche matemáticas 2.0 (Explícoche matemáticas 2.0 , venres, 22 de marzo de 2019 ao sábado, 23 de marzo de 2019)

O concurso Explícoche matemáticas 2.0, organizado pola CNL de Matemáticas, está dirixido a alumnado da ESO e bacharelato, así como alumnado de graos, mestrado e doutoramento. Para participar, ata o 22 de marzo, cómpre presentar un vídeo sobre un concepto matemático de entre 1:30 e 2:30 minutos. Hai tres premios de 200 euros (ESO e bacharelato, graos, e mestrado-doutoramento) e un premio de 100 euros, do público.


O meu elemento (O meu elemento , mércores, 24 de abril de 2019 ao venres, 05 de abril de 2019)

O concurso O meu elemento, que organiza a CNL da Facultade de Ciencias de Lugo, diríxese tanto a toda a comunidade universitaria galega como ao alumnado da ESO e de 1º e 2 de bacharelato de Galicia e o seu prazo remata o vindeiro 24 de abril.

O obxectivo do concurso é atraer o interese do alumnado o Ano Internacional do Sistema Periódico e a actividade científica en xeral, así como poñer de manifesto a naturalidade da expresión dos contidos científicos en lingua galega.

A participación no concurso consiste na presentación dun vídeo en lingua galega sobre un elemento químico, de entre 30 e 90 segundos, e co enfoque que se queira.

Os premios repártense en dúas categorías: para o alumnado de ESO e bacharelato, un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150 euros e un terceiro de 100 euros. Para a comunidade universitaria, os galardóns son: un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 200 euros e un terceiro de 100 euros.


TED-Saúde (TED-Saude 2019 , xoves, 07 de marzo de 2019 ao venres, 08 de marzo de 2019)

A cuarta edición do concurso TED-Saúde ofrece un obradoiro previo de catro horas –gratuíto-, para aprender como funciona a plataforma de tradución e subtitulación e previrte sobre os erros máis frecuentes da tradución inglés-galego. Será o xoves 7 de marzo de 16 a 20 h. Hai 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, con lista de agarda.


Xornada de recursos educativos en galego: a educación musical (XI Xornada de recursos educativos , mércores, 21 de novembro de 2018)

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XI Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada á educación musical. Desenvolverase o mércores 21 de novembro de 2018 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus NORTE), co obxectivo principal de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega. Outorgaráselles un diploma por catro horas ás persoas asistentes previamente inscritas.


Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica en galego (Linguaxe e redacción xurídica , mércores, 21 de novembro de 2018)

O Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica é fundamental para os estudantes do grao de Dereitopara poder cumprir no seu futuro profesional coas obrigas lingüísticas marcadas por lei na administración e na xustiza: atención aos dereitos lingüísticos da cidadanía e uso do galego como lingua por defecto da Administración. Neste obradoiro tratarase cuestións de terminoloxía, e tendencias normalizadoras e democratizadoras da estilística e da documentación xurídica.
O obradoiro consta de 20 horas presenciais e 10 horas de preparación de actividade e traballos. Ten recoñecido 1 crédito ECTS por competencias transversais en lingua galega e ás persoas asistentes que superen o curso expediráselles un diploma de asistencia e aproveitamento por 30 horas. É de balde.


Encontros de Lúa Chea (outubro). Autoconsumo eléctrico , mércores, 28 de outubro de 2015)

Pasado o verán e entrado o outono, volvemos a poñernos en marcha propoñendo temas de actualidade sobre os que reflexionar. 
Desta vez, aproveitamos o debate xerado arredor do Real decreto sobre autoconsumo enerxético (tamén coñecido como o "imposto ao sol"), aprobado neste mesmo mes de outubro, para tratar o tema do autoconsumo eléctrico. 
Trátase dunha alternativa que en Galicia ten moitas potencialidades, pola dispersión da poboación e pola abundancia de recursos como o vento, a auga e o sol (si, tamén o sol), que son os empregados para a xeración de electricidade a nivel doméstico.

O Encontro abrirase coa intervención de Miguel Á. González García, profesor de Electrotecnia na USC, que nos introducirá no tema e no estado actual da cuestión.


Día da Ciencia en Galego , mércores, 04 de novembro de 2015)

A celebración do Día da Ciencia en Galego na USC abrangue actividades os días 4 e 7 de novembro como un roteiro xeolóxico polo centro de Lugo, dúas conferencias sobre o compromiso cívico e o labor investigador de Parga Pondal, e unha nova edición do Wikimaratón, en Lugo, así como un centro de interese sobre Parga Pondal e Gomez-Reino e mais dous obradoiros (un para nenos e outro para adultos) no Museo de Historia Natural da USC en Santiago.


Encontro de lúa chea ( , xoves, 29 de setembro de 2016)

"De quen é o patrimonio?" é o título do Encontro de Lúa Chea de setembro. Será na cafetaría da Escola Politécnica Superior (Lugo) o xoves 29 de setembro ás 20 horas, coa participación do profesor Antonio Rodríguez Colmenero e o xornalista e divulgador Manuel Gago. A entrada é libre.


#TED-Saúde (TED-Saúde , sábado, 07 de abril de 2018)

TED-Saúde é unha actividade para contribuír a que existan recursos audiovisuais en galego na área de ciencias da saúde. É un concurso de subtitulación de vídeos TED desta área de coñecemento, dotado con dous premios de 250 e 150 euros, e apoiado cun obradoiro de subtitulación que se celebrará o día 7 de marzo na Aula Informática 3 de Bioloxía de 16 a 18 h, polo cal se outorgará un diploma de asistencia. Este obradoiro está reservado para membros da USC. O prazo para inscribirse no #TED-Saúde remata o 2 de marzo!


Youtubeir@s (Youtubeiras , luns, 01 de xaneiro de 2018)

Youtubeir@s é un concurso para fomentar a existencia de vídeos en galego e o seu partillalmento nas redes sociais. Podes participar ata o 15 de marzo enviando un vídeo ou presentando unha canle enteira, sempre que estean na nosa lingua. Hai máis de 5000 euros en premios de varias categorías. Consulta as bases!


Cursos de lingua galega para non galegofalantes (Centro de Linguas Modernas , venres, 16 de decembro de 2016)

O Centro de Linguas Modernas ten xa aberto o prazo de matrícula para os cursos de lingua galega para non galegofalantes do segundo semestre.


XIII Premios á calidade lingüística (Premios á calidade lingüística , martes, 16 de maio de 2017)

Poderás participar nos XIII Premios á calidade lingüística ata o 31 de xullo, se o vas facer na modalidade de traballos académicos, e ata o 29 de setembro, se o fas na de TFG , PFC ou TFM. Tes que presentar o traballo e a documentación nos rexistros da USC. Hai cinco premios de 150, 300 e 500 euros, segundo cadansúa modalidade, por cada área de coñecemento.


Matrícula no curso de habilidades comunicativas (Curso de habilidades comunicativas , luns, 25 de setembro de 2017)

O curso de habilidades comunicativas ten aberto o seu prazo de matrícula nos tres módulos de que consta, os cales pecharán o prazo o 25 de setembro para os cursos de Santiago e 13 de outubro para os de Lugo, no caso de “A redacción científica”; o módulo de presentación dixitais, o 13 e 31 de outubro, respectivamente, para Santiago e Lugo; e o 27 de outubro e 15 de novembro remata o prazo para matricularse en “Falar en público” en Santiago e Lugo.













Premios á calidade lingüística dos TFG/PFC e TFM (Premios á calidade lingüística , venres, 29 de setembro de 2017)

O 29 de setembro remata o prazo para participar nos TFG/PFC e TFM redactados e defendidos en galego aos XIII Premios á calidade lingüística da USC. Para participar cómpre presentar os traballos nos rexistros da USC segundo as bases. Hai cinco premios de 300 euros para a modalidade TFG/PFC e cinco de 500 euros para os TFM.


Somos a curta! Cinema do real (2018) (Somos a curta! , sábado, 10 de novembro de 2018)

Se estás matriculada/o na USC en 2018, ata o 11 de outubro podes presentar curtas sobre a realidade galega dun máximo de 10 minutos ao Somos a curta!, concurso de vídeos en galego que organiza a Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación. Optas a dous premios de 500 e 250 euros e diploma honorífico. Tamén haberá un premio do público, dotado con diploma honorífico, que se elixirá no transcurso da gala de presentación dos vídeos presentados o 31 de outubro no Salón de Actos da Facultade.


IV Concurso literario "Mazarelos" (Concurso literario "Mazarelos" , venres, 28 de setembro de 2018)

No IV Concurso literario "Mazarelos" pode participar todo o alumnado da USC, sexa cal for a titulación que curse. Para concursar deberá presentar unha única obra de calquera xénero literario ou tema, orixinal, escrito en lingua galega e inédito. Os premios do certame están dotados con 500, 250 e 150 euros. O prazo de presentación remata o 28 de setembro de 2018.


XV Premios Luísa Villalta (Premios "Luísa Villalta" a iniciativas normalizadoras , luns, 15 de outubro de 2018)

Calquera membro da USC (estudante, PDI ou PAS), de xeito individual ou en colectivo, pode participarata o día 15 de outubro nos XV Premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras presentando unha proposta de actuación polo miudo mediante unha campaña ou unha idea para estender o uso do galego na universidade. Hai un premio de 1200 euros para a modalidade de campaña de normalización e outro de 800 para a modalidade de idea.


Axudas ás teses en galego 2018 (Axudas ás teses en galego , mércores, 31 de outubro de 2018)

Se fas a túa tese de doutoramento en galego, a USC ofréceche axuda lingüística e terminolóxica, ademais dunha subvención de ata 500 euros.


Premios á calidade lingüística 2017-2018 (Premios á calidade lingüística , sábado, 10 de febreiro de 2018)

Se fas en galego os teus traballos académicos, o TFG ou o TFM podes optar aos Premios á calidade lingüística, que reparten un total de 5000 euros entre os cinco premios que presenta cada unha das tres modalidades. Tes ata o 31 de xullo no caso dos traballos académicos e ata o 2 de outubro, no caso dos TFG e TFM, para presentárelos.


Matrícula no curso de habilidades comunicativas (Curso de habilidades comunicativas , luns, 26 de novembro de 2018)

O curso de habilidades comunicativas, dirixido a todo o alumnado da USC, abre o día 2 de xullo o seu prazo de matrícula nos tres módulos de que consta: “A redacción científica”, “Presentación dixitais” e “Falar en público”. A cada un dos módulos recoñéceselles 1 ECTS para todas as titulacións da USC. Os tres módulos do curso terán edición nos campus de Santiago e Lugo nos meses de outubro e novembro. Cada módulo dura 25 horas, parte delas presenciais.


Axudas ás teses en galego (Axudas á investigación en galego , martes, 31 de outubro de 2017)

Co obxecto de incentivar o uso do galego na investigación básica, a USC ofrece axudas ao uso da lingua galega nas teses de doutoramento que se defendan ata o 31 de outubro de 2017. O Servizo de Normalización Lingüística ofréceche asesoramento lingüístico, terminolóxico e comunicacional (para a defensa da tese con presentacións dixitais) e unha subvención en concepto de gastos de fotocopiado e encadernación ata 400 €. A axuda económica cómpre solicitala ata o 31 de outubro do ano 2017


IX Xornada de recursos educativos en galego: Educación de adultos (IX Xornada de recursos educativos en galego , mércores, 16 de novembro de 2016)

Os días 16 e 17 de novembro celebrarase en horario de tarde e mañá, respectivamente, a IX Xornada de recursos educativos en galego, na sede da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Vida. Desta volta está destinada á educación de adultos. Está aberto o prazo de inscrición, que é de balde, ata o luns 14 para todos os estudantes da Facultade e para todos/as os/as profesionais interesados.


II Concurso literario "Mazarelos" (Mazarelos , venres, 30 de setembro de 2016)

No Premio Literario "Mazarelos"de Filoloxía pode participar o estudantado de grao, mestrado e doutoramento que estea matriculado na USC en calquera momento do ano 2016 anterior á finalización do prazo de presentación, que remata o 30 de setembro de 2016 ás 14:00 horas, que presente unha única obra de calquera xénero literario ou tema, orixinal, escrito en lingua galega e inédito. Os premios do certame son de 500, 250 e 150 euros e diploma honorífico.


#TEDSaúde: Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego (#TEDSaúde , xoves, 10 de marzo de 2016)

Tes ata o 10 de marzo para inscribirte no concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego. Se non formas parte da comunidade TED pero si da comunidade universitaria, a USC ofréceche un obradoiro para aprender a manexar a plataforma de subtitulación e mellorar na tradución que se desenvolverá o 17 de marzo. Tanto neste caso como se es xa membro de TED, dispoñerás dun mes para traducir e subtitular o vídeo que che corresponda. Optarás a premios de 250 e 150 euros!


Concurso de microrrelatos a través de Facebook (Concurso de microrrelatos a través de Facebook , venres, 01 de abril de 2016)

Para participar neste concurso debes presentar un microrrelato, en lingua galega, co tema "o feito de contar" e ter unha extensión máxima de 100 palabras no perfil de Facebook da Facultade de Humanidades da USC do 1 de marzo ao 1 de abril de 2016.  Un xurado decidirá o premio de 200 euros. Tamén haberá un premio do público, de 100 euros. Consulta as bases!


Mellora o teu discurso oral (Mellora o teu discurso oral , venres, 15 de abril de 2016)

Ata o 15 de marzo poderás preinscribirte no obradoiro "Mellora o teu discurso oral", que se celebrará na Facultade de Filoloxía do 28 de marzo ao 14 de abril en horario de 17-19 h, aberto para todo o alumnado. A matrícula son 30 euros, recibirás un diploma de asistencia por 25 horas e ten recoñecido 1 ECTS para todas as titulacións de grao.


XII Premios á calidade lingüística 2015-2016 (XII Premios á calidade lingüística 2015-2016 , venres, 30 de setembro de 2016)

Poderás participar nos XII Premios á calidade lingüística ata o 29de xullo, se o vas facer na modalidade de traballos académicos, e ata o 30 de setembro, se o fas na de TFG , PFC ou TFM. Tes que presentar o traballo e a documentación nos rexistros da USC. Hai cinco premios de 150, 300 e 500 euros, segundo cadansúa modalidade, por cada área de coñecemento.


Matrícula nos cursos de galego para non galegofalantes (Centro de Linguas Modernas , mércores, 10 de febreiro de 2016)

O Centro de Linguas Modernas da USC mantén aberto ata o mércores 10 o prazo de matrícula por internet en todos os cursos do segundo semestre, incluído o curso de galego para non galegofalantes, do nivel A.1. Teñen 40 horas presenciais e dez de traballo autónomo tutelado, que quedará reflectido nas certificacións.  Así, o alumnado obterá por un curso semestral 2 créditos ECTS cando cumpra os requisitos da normativa da USC.


Día Internacional da Lingua Materna (Día Internacional da Lingua Materna , domingo, 21 de febreiro de 2016)

O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.


Entrega dos Premios á calidade lingüística (Premios á calidade lingüística , luns, 22 de febreiro de 2016)

O luns 22 de febreiro farase entrega dos Premios á calidade lingüística do pasado curso 2015-2016 ás persoas que os conseguiron nas súas diversas modalidades: traballos académicos, traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira, e mais traballos de fin de mestrado. Será na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia ás 11:00. Intervirán o reitor da USC, Juan Viaño Rei, o decano da Facultade, Juan M. Monterroso, a vicerreitora de Política Lingüística, Carme Silva, e está convidado o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez.


Presentación do Vocabulario de Criminoloxía , xoves, 04 de febreiro de 2016)

O xoves 4 de febreiro ás 12:30 h presentarase o Vocabulario de Criminoloxía (galego-español-inglés), que fai o numero 7 da colección "Vocabularios temáticos" do Servizo de Normalización Lingüística. Será na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Dereito.


Remata a inscrición nas probas dos Celga (Xunta de Galicia , luns, 08 de febreiro de 2016)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística lembra que o 8 de febreiro pecha o prazo de inscrición para as probas de acreditación da lingua galega (Celga). As probas celebraranse nas fins de semana do 2 e 3 de abril (Celga 4 e Celga 2, respectivamente) e do 9 e 10 do mesmo mes (Celga 3 e Celga 1, respectivamente), en Santiago de Compostela e Ponferrada (León).


 


Xornada de recursos educativos en galego: educación artística , xoves, 05 de novembro de 2015)

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a VIII Xornada "Os recursos educativos en galego: A educación artística". Desenvolverase o día 5 de novembro de 2015 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Xoán XXIII s/n, Campus Norte), co obxectivo princpial de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega. O prazo para matricularse (gratuíto) remata o 30 de outubro.


Obradoiro de elaboración de TFG/PFC/TFM , venres, 30 de outubro de 2015)

O día 30 de outubro remata o prazo para matricularse no Obradoiro de elaboración de TFG/TFM, que ten recoñecido 1 ECTS para todas as titulacións. Dirixido ao alumnado de grao ou máster que teña que afrontar a realización destes traballos no actual curso académico, darache as pautas para inicialo con eficacia dende o principio.


Entrega dos X Premios á calidade lingüística 2013-14 , martes, 10 de marzo de 2015)

O vindeiro martes 10 de marzo a USC entregará os X Premios á calidade lingüística dos traballos académicos, TFG, PFC e TFM, correspondentes ao pasado curso académico. Será nun acto que se desenvolverá ás 12:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, presidido polo reitor, Juan Viaño, e polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que financia os Premios.


Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC (Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC , martes, 07 de abril de 2015)

Podes presentarte ata o 7 de abril ao Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC nunha nova modalidade, a de relación ou interese coa lingua galega, dotada cun premio de 1000 euros. O concurso diríxese a estudantes e titulados/as de calquera das universidades galegas e dos centros asociados da UNED en Galicia,  doutorandos/as, persoal de investigación e alumnado de terceiro ciclo que estea preparando unha memoria de licenciatura ou que desenvolvan actividades investigadoras en calquera centro de investigación galego, así como empresas constituídas en 2014 ata o inicio desta convocatoria


Explícoche Matemáticas 2.0 (Explícoche Matemáticas 2.0 , mércores, 08 de abril de 2015)

Dispoñedes ata o 8 de abril para presentardes os vosos vídeos para explicar en non máis de 2 minutos un concepto matemático en lingua galega. Aberto á comunidade universitaria galega e a grupos de estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia, coordinados por un profesor. o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado.


Axudas ás teses en galego (Axudas ás teses de doutoramento en galego , sábado, 31 de outubro de 2015)

Ata o 31 de outubro de 2015 poderán presentar as solicitudes de axuda aquelas persoas que defenderan a súa tese de doutoramento en galego na USC entre o 1 de novembro de 2014 e o 30 de outubro de 2015. A axuda económica consiste nun máximo de 400 euros para gastos de edición da tese.


Que fala falas? (debate) (??? Paragraph[1]/Links[1]/Description ??? , mércores, 11 de febreiro de 2015)

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía organiza para o vindeiro martes 11 de febreiro ás 19 h no seu Salón de Graos un debate sobre o uso dos localismos na fala, no que participarán Xosé Luís Regueira, catedrático de Filoloxía Galega e membro da RAG; Paulino Novo, coordinador de lingüistas da CRTVG; Lorena Pose, presentadora d’A revista de fin de semana da TVG; e Federico Pérez, actor ben coñecido, entre outros, polo seu papel de Moncho en Era Visto.


Cursos de lingua galega para non galego-falantes (Centro de Linguas Modernas , xoves, 05 de febreiro de 2015)

Podes matricularte nos Cursos de lingua galega para non galego-falantes ata o 5 de febreiro no Centro de Linguas Modernas. Trátase de cursos de 40 horas lectivas, con carácter cuadrimestral. Crrespóndense cun nivel de usuario básico, o que en termos do Marco Europeo de Referencia é un A1.1. En febreiro iníciase a segunda quenda destes cursos de formación, que terán lugar dous días á semana en Santiago (Fac. Filosofía, á mañá) e Lugo (Fac. Humanidades, ao serán) de febreiro a maio. 


Obradoiro de elaboración de TFG/PFC e TFM (Obradoiro de TFG,PFC e TFM , venres, 31 de outubro de 2014)

O día 31 de outubro dará comezo o Obradoiro de elaboración de TFG/PFC e TFM en galego na Facultade de Historia. Ten recoñecido 1 crédito ECTS por competencias transversais (en lingua galega). Entregarase diploma de asistencia por 30 horas.


Proxéctate en galego! (Proxéctate , mércores, 19 de novembro de 2014)

O 19 de novembro ás 20:00 no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado poderase acudir á proxección do filme “Encallados” e ao coloquio posterior sobre “As crises que nos afunden”, co seu director Alfonso Zarauza e co profesor Bernardo Valdés. Nesta actividade colaboran tamén o Cine Clube Valle Inclán e o colectivo universitario Na Encrucillada


Actividades do Día da Ciencia en Galego en Lugo (Día da Ciencia en Galego , martes, 04 de novembro de 2014)

As comisións de normalización do Campus de Lugo argallaron, para celebrar o Día da Ciencia en Galego, varias actividades que terán lugar na Casa do Saber:
18:30 h Obradoiro/demostración de robótica con Roberto Iglesias (Electrónica e Computación)
19:00 h Charla/demostración de astronomía con Manuel Andrade (Matemática Aplicada)
19:45 h Observación astronómica dende o adarve da Muralla.

 


Galego para non galegofalantes (Cursos de galego para non galegofalantes , venres, 26 de setembro de 2014)

Os cursos de galego para non galegofalantes teñen o prazo de inscrición aberto ata o 26 de setembro, como os restantes cursos de idiomas que organiza o CLM. O seu prezo é máis reducido: 30 euros para as persoas relacionadas coa USC.


XI Premios Luísa Villalta (XI Premio Luísa Villalta , venres, 07 de novembro de 2014)

Podes participar nos XI Premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras presentando a túa proposta de actuación polo miudo ou a túa idea para estender o uso do galego na universidade ata o día 7 de novembro. Hai un único premio de 3500 euros.


X Premios á calidade lingüística dos TFG/PFC e TFM (X Premios á calidade lingüística , martes, 30 de setembro de 2014)

Ata o 30 de setembro poderás presentarte aos X Premios á calidade lingüística en galego nas modalidades de traballo de fin de grao e proxectos de fin de carreira por unha banda, e de traballos de fin de mestrado (TFM) pola outra, realizados neste curso 2013-2014. Hai cinco premios de 300 euros e diploma acreditativo por cada unha das cinco áreas de coñecemento (Ciencias da Saúde, Ciencias, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura, Humanidades) na modalidade TFG/PFC e outros tantos de 500 euros na modalidade de TFM.


Axudas á teses en galego (Convocatoria das axudas ás teses 2014 , venres, 31 de outubro de 2014)

Ata o 30 de outubro poderás solicitar as axudas que a USC che concede por elaborares e defenderes en galego a túa tese de doutoramento durante este ano que andamos, consistentes nunha subvención de ata 400 euros para os gastos de fotocopiado e encadernación  e en asesoramento lingüístico-terminolóxico e das presentacións dixitais.


Presentación de Termos esenciais de dereito administrativo (Termos esenciais de dereito administrativo , martes, 13 de maio de 2014)

O día 13 de maio ás 13:00 h, na Facultade de Dereito, terá lugar o acto de presentación de Termos esenciais de dereito administrativo, coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, do decano da Facultade, da secretaria xeral da USC, e os seus autores e autoras: Alba Nogueira (profesora de Dereito Administrativo e coordinadora) e mais Xusto A. Rodríguez Río, técnico de Terminoloxía do SNL.


Xornadas sobre represión lingüística (Xornadas sobre represión lingüística , martes, 08 de abril de 2014)

A Asemblea de Filoloxía da Liga Estudantil Galega organiza este ano 2014 unhas xornadas cuxo tema central será a represión lingüística: historia e actualidade na educación, nos medios de comunicación e na cultura. Serán na Facultade de Filoloxía o 8, 9 e 10 de abril.


Repensando o curriculo educativo en Lingua e Literatura Galegas nun contexto social en mudanza (Información e matrícula , venres, 21 de febreiro de 2014)

Os días 21-22 de febreiro celebraranse na Facultade de Filoloxía da USC as xornadas Repensando o curriculo educativo en Lingua e Literatura Galegas nun contexto social en mudanza, cuxos destinatarios son o profesorado de ensino secundario da especialidade Lingua galega e Literatura, e todas aquelas persoas preocupadas polo ensino e aprendizaxe da lingua e a literatura galegas.
A matrícula nas xornadas remata o 18 de febreiro. A actividade está recoñecida como formación permanente do profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 12 horas lectivas.
 


Seminario de dinamización lingüística para o alumnado (Información e matrícula , venres, 07 de marzo de 2014)

O seminario está dirixido ao alumnado, sobranceiramente, aos estudantes con responsabilidades, ben por seren membros de asociacións, ben por seren representantes en comisións de normalización e outros órganos de goberno. Desenvolverase o venres 7 de marzo na Facultade de Dereito, de 10 a 14 h. A matrícula, de balde, debe realizarse no web do Servizo de Normalización Lingüística ata o 2 de marzo.


Obradoiros para a elaboración de TFG/TFM (Información e matrícula , luns, 10 de marzo de 2014)

Hai dous obradoiros de elaboración e defensa de traballos de fin de grao ou traballos de fin de mestrado en galego: un, na Facultade de Dereito, na Aula Informática 5, dende o día 10 de marzo os luns e os martes ao mediodía; outro, na Facultade de Económicas, na Aula Informática 7, a partir do 12 de marzo, os mércores e xoves ao mediodía, en sesións de 2 horas.
Ten recoñecido 1 crédito ECTS por competencias transversais (en lingua galega). Entregarase diploma de asistencia por 30 horas. A matrícula no curso custa 30 euros e poderase realizar o día 28 de febreiro.


Explícoche Matemáticas 2.0 (Convocatoria , luns, 31 de marzo de 2014)

A CNL da Facultade de Matemáticas convoca o concurso Explícoche Matemáticas 2.0, no que poderá participar nel calquera alumno/a das universidades galegas, e estudantes de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Os participantes deberán presentar un vídeo de, como máximo, dous minutos de duración sobre un tema relacionado coas Matemáticas, ben desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación), ou ben, cun carácter divulgador, reflectindo como se utilizan as matemáticas na vida cotiá, na cultura, na arte ou na sociedade.
Outórgase un premio para cada modalidade (estudantes universitarios / estudantes de ESO e bacharelato), consistente nun tablet bq Edison 2. O prazo para concursar remata o día 31 de marzo de 2014.
 


Entrega dos IX Premios á calidade lingüística (Premios á calidade lingüística , xoves, 20 de febreiro de 2014)

Os galardóns de todas as modalidades dos IX Premios á calidade lingüística, correspondentes ao curso 2012-2013 seranlles oficialmente entregados ás persoas gañadoras nun acto académico conxunto o vindeiro xoves 20 de febreiro, xoves, ás 12:30h na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia en Santiago de Compostela, que contará coa presenza do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e outras autoridades académicas.
 


IX Premios á calidade lingüística dos TFG, PFC e TFM (Premios á calidade lingüística , mércores, 18 de decembro de 2013)

O 18 de decembro farase pública a resolución do xurado que xulga os TFG, PFC e TFM presentados aos IX Premios á calidade lingüística, que optan a cinco premios (un por cada área de coñecemento) de 300 euros -no caso de TFG e PFC- e de 500 euros -no caso dos TFM.


Axudas ás teses de doutoramento en galego (Axudas ás teses en galego , martes, 31 de decembro de 2013 ao martes, 31 de decembro de 2013)

O 31 de decembro remata o prazo para que aquelas persoas que defenderan durante 2013 a súa tese de doutoramento en lingua galega poida solicitar a axuda de 400 euros con que a USC fomenta o uso do galego nestes traballos.


Matrícula nos cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación (Información e matrícula , mércores, 04 de decembro de 2013)

Os cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación están pensados para os estudantes da USC que desexen mellorar as súas habilidades (lingüísticas, comunicacionais, informáticas) para elaboraren traballos de calidade, e en particular, para cantos deban realizar o seu TFG, PFC, TFM ou tese de doutoramento, e simliares. Computa 30 horas, ten recoñecido 1 crédito (de libre configuración para as licenciaturas e diplomaturas, e ECTS para os graos) e custa 30 euros.

A matrícula está aberta ata o 4 de decembro. O curso terá lugar de luns a xoves no período comprendido entre o 9  (comezo do curso) e o19 de decembro, isto é os días 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18 e 19 de decembro. Para avaliar os traballos realizados haberá tres sesións máis nos días 14, 15 e 16 de xaneiro de 2014.


Somos a curta! Certame de curtas de comedia 2013 (Somos a curta! , venres, 25 de outubro de 2013)

Se es estudante dalgunha das universidades galegas, de Imaxe e Son, ou de bacharelato artístico neste ano 2013, podes participar no III Premio de curtas de comedia  «Somos a curta!»

Non tes máis que enviar tres dvd coa peza e os datos correspondentes á Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC antes do 15 de outubro. En novembro, todas as curtas presentadas exhibiranse nunha gala especial na propia Facultade, na que o xurado outorgará dous premios de 400 e 200 euros, e o público elixirá que fita leva o seu premio, galardoado con diploma honorífico.


VI Xornadas de recursos educativos en galego (Información e inscrición , venres, 04 de outubro de 2013)

A Facultade de Ciencias da Educación organiza as VI Xornadas de recursos educativos en galego, desta volta centradas na educación social. Desenvolveranse na sede do Campus Sur da dita facultade os días 8 e 9 de novembro de 2013.

Os participantes acreditados terán dereito a un diploma de asistencia por 14 horas (haberá control de asistencia). A inscrición está aberta ata o día 4 de novembro e custa 10 euros.


V Xornadas de Educación e Linguas en Galicia (Información e inscrición , venres, 18 de outubro de 2013)

As V Xornadas "Educación e linguas en Galicia" centraranse nos trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística, e desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) os días 25 e 26 de outubro.

Teñen recoñecido 1 ECTS para todas as titulacións de grao. A matrícula está aberta ata o día 18 de outubro e custa 10 euros.


Proxectate en galego 2013 (Información e inscrición , martes, 15 de outubro de 2013)

O Foro 2013 de Proxectate en Galego! vaise desenvolver na Casa do Saber (Vicerreitoría do Campus de Lugo) os días 18-19-20 de outubro de 2013. A inscrición remata o día 15 de outubro e custa 5 euros, o que inclúe a excursión o domingo a San Paio de Narla. Tamén se pode asistir libremente ata completar o aforo.

A USC emitirá un diploma de asistencia á actividade, no cal figurará o número de horas presenciais (16 h), a todas aquelas persoas que se inscriban e asistan regularmente ao foro.


Cursos intensivos de idiomas do CLM en xullo (Cursos intensivos de verán , luns, 08 de xullo de 2013)

Do día 1 ao 25 de xuño estará aberta a matrícula en 27 cursos intensivos de verán de 18 linguas diferentes: alemán, árabe, catalán, checo, chinés, danés, eslovaco, euskera (novidade), francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xaponés. Estes cursos desenvolveránse en horario de 9:30 a 13:45 polas mañás ou de 15:30 a 19:45 horas polas tardes, entre os días 8 e 19 do mes de xullo de 2013, nas aulas da USC de Santiago e Lugo.
 
Estes cursos diríxense sobre todo ao alumnado da USC que vaian ir a unha universidade estranxeira cunha bolsa dos programas de mobilidade durante o curso 2013-2014, aínda que tamén están abertos a outras persoas interesadas. Daráselle maior importancia á práctica das destrezas orais que ás outras. Os cursos de inglés e de francés poden ser útiles para preparar os exames de acreditación de nivel B1 segundo o MCER.


X Premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras (Premios Luísa Villalta , venres, 08 de novembro de 2013)

Se es membro  (estudantes, docentes, PAS)  de calquera das tres universidades galegas, ben a título individual, ben en equipo (como comisións de normalización, organización estudantil, etc.) podes participar nos X Premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras nalgunha das súas dúas modalidades: campaña ou idea, dotadas con 1500 e 1000 euros, respectivamente.


Presentación de Termos esenciais de dereito civil , martes, 23 de abril de 2013)

O día 23 de abril ás 11:00 h, na Facultade de Dereito, terá lugar o acto de presentación de Termos esenciais de dereito civil, coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, do decano da Facultade, da secretaria xeral da USC, e dous seus autores e autoras: Antonia Nieto Alonso (coordinadora), Marta Carballo Fidalgo, Ana Díaz Martínez, Isabel Espín Alba, Margarita Herrero Oviedo, Marta Madriñán Vázquez, Marta Otero Crespo, Ángel Luis Rebolledo Varela (docentes da Área de Dereito Civil da USC) e mais Xusto A. Rodríguez Río, técnico de Terminoloxía do SNL.


XXVI Cursos de verán de lingua e cultura galega para estranxeiros (Instituto da Lingua Galega , xoves, 04 de xullo de 2013)

Os Cursos (do 4 ao 24 de xullo) danlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade. Hai tres niveis: elemental (de iniciación á lingua para quen desexe introducirse no seu coñecemento), medio e superior.

A inscrición cómpre facela antes do 1 de maio.


Premios á calidade lingüística dos traballos académicos, TFG, PFC e TFM (Premios á calidade lingüística , venres, 31 de maio de 2013)

Os premios á calidade lingüística para os traballos elaborados en lingua galega outórganse en tres modalidades: a) traballos académicos, b) traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira, c) traballos de fin de mestrado. Prazos de presentación: a) 31 de maio; b) 25 de setembro; c) 4 de outubro. Hai cinco premios por área de coñecemento en cada modalidade: a) cinco premios de 150 euros; b) cinco premios de 300 euros; c) cinco premios de 500 euros.


Concurso de lemas na EPS (Escola Politécnica Superior , martes, 30 de abril de 2013)

A Comisión de Normalización Lingüística da EPS convoca un concurso de lemas en lingua galega para a promoción do centro. O prazo de presentación de orixinais remata o 30 de abril de 2013.


V Fiadeiro de localización de software libre (V Fiadeiro de localización de SL , xoves, 25 de abril de 2013 ao sábado, 27 de abril de 2013)

Os días 25 e 27 de abril desenvolverase en 12 horas presenciais na ETSE o V Fiadeiro de localización de software libre, aberto a toda a comunidade universitaria. O obxectivo é aprender a localizar ao galego e localizar aplicacións de software libre. A inscrición (10 euros) está aberta ata o día 22 de abril. Diploma de asistencia, constancias da experiencia de tradución, Premio "Máis e mellor". Solicitados 1 ECTS e 1 CLC para todas as titulacións.


IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo (Bases , xoves, 11 de abril de 2013)

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con varios medios de comunicación escritos, convoca o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores 2013 cos seguintes obxectivos:

- Incentivar a reflexión sobre a situación social da lingua galega.
- Crear espazos nos medios para fomentar o uso do idioma galega.
- Promover o uso do galega na prensa escrita

Os concursantes poderán presentar os seus artigos ata o 11 de abril no Rexistro do Pazo da Cultura ou en calquera oficina de correos. Outorgarase un único premio de 1.000 euros brutos e a publicación do artigo en todos os medios colaboradores.


Convocatoria das probas Celga para o ano 2013 (Información e matrícula , mércores, 03 de abril de 2013)

Pola  Resolución do 28 de decembro de 2012, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca   as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2013. Os exames desenvolveranse no mes de xuño en Santigo, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, así como en Madrid, Barcelona e Ponferrada. O importe da taxa para inscribirse é de 15,61 euros.


Presentación de Termos esenciais de Arquitectura de Computadores , xoves, 14 de marzo de 2013)

Ás 12 h no Salón de Actos da ETSE terá lugar o acto de presentación de Termos esenciais de Arquitectura de Computadores, da autoría do profesor Elisardo Iglesias e do terminólogo do SNL Xusto Rodríguez Río.


Remata a matrícula no Obradoiro de TFG/TFM (Información e matrícula , domingo, 10 de marzo de 2013)

Do 1 ao 10 de marzo o alumnado de Económicas poderá inscribirse no Obradoiro de elaboración ed e defensa de traballos de fin de grao ou traballos de fin de master en galego.
 


Explícoche matemáticas 2.0 (Convocatoria , venres, 01 de marzo de 2013)

Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido a todo o alumnado da Facultade de Matemáticas da USC, no marco da celebración do Día da Ciencia en Galego 2012 e do Mes da Ciencia 2012.

 O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.


Cursos preparatorios dos Celga (Convocatoria , venres, 25 de xaneiro de 2013)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para o ano 2013 un total de 120 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Trátase dunha formación voluntaria e gratuíta, dirixida a particulares que desexen participar nos cursos e tamén a colectivos, entidades e/ou asociacións de Galicia interesadas en organizalos. Teñen unha duración de 70 horas e desenvolveranse entre marzo e maio. As solicitudes deben dirixirse aos gabinetes provinciais de Normalización Lingüística correspondentes ata o 25 de xaneiro.


IV Xornadas Recursos Educativos en Galego: Formación profesional (IV Xornadas de recursos educativos en galego , venres, 16 de novembro de 2012 ao sábado, 17 de novembro de 2012)

As IV Xornadas de recursos educativos en galego dedicanse desta volta á formación profesional. Desenvólvense os días 16 e 17 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) e o prazo de inscrición remata o 12 de novembro.


Tes 5 minutos... grávao e cóntanolo! , venres, 23 de novembro de 2012 ao venres, 23 de novembro de 2012)

Concurso de vídeos da Facultade de Económicas, aberto a toda a comunidade universitaria, para tratar conceptos e temáticas relacionadas coa empresa e a economía. Bases e vídeo promocional sobre a prima de risco. Prazo de presentación ata o 23 de novembro!


VIII Premios á calidade lingüística dos traballos académicos, TFG e proxectos de fin de carreira (Premios á calidade e á excelencia lingüística , domingo, 23 de setembro de 2012)

Dezaseis centros da USC organizan os VIII Premios á calidade e VI Premio á excelencia lingüística para este curso 2010-2011, co obxectivo de fomentar o uso do galego e o coidado pola calidade formal dos traballos académicos das titulacións de grao, así como das de 1º e 2º ciclo, sexan estes traballos de curso (modalidade a) ou traballos de fin de grao e proxectos fin de carreira (modalidade b). Podes gañar ata 600 euros! Preséntaos ata o 23 de setembro.


«Somos a curta!» II Premio de curtas de comedia 2012 (Somos a curta! , mércores, 07 de novembro de 2012)

Se es estudante dalgunha das universidades galegas, de Imaxe e Son, ou de bacharelato artístico neste ano 2012, podes participar no II Premio de curtas de comedia  «Somos a curta!»

Non tes máis que enviar tres dvd coa peza e os datos correspondentes á Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC antes do 7 de novembro. Unha semana máis tarde, o 14 de novembro, todas as curtas presentadas exhibiranse nunha gala especial na propia Facultade, na que o xurado outorgará dous premios de 400 e 200 euros, e o público elixirá que fita leva o seu premio, galardoado con diploma honorífico.
 


Axudas a teses e TFM en galego (Axudas á investigación en galego , luns, 31 de decembro de 2012)

Ata o 31 de decembro poderás solicitar as axudas que a USC che concede por elaborares e defenderes en galego a túa tese de doutoramento, o traballo de fin de máster, a memoria de licenciatura ou o TIT, consistentes nunha subvención aos gastos de fotocopiado e encadernación (ata 400 euros, no caso das teses, e 150 nos demais casos) e en asesoramento lingüístico-terminolóxico e das presentacións dixitais.


IX Premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras (Premios Luisa Villalta , venres, 09 de novembro de 2012)

Se es membro  (estudantes, docentes, PAS)  de calquera das tres universidades galegas, ben a título individual, ben en equipo (como comisións de normalización, organización estudantil, etc.) podes participar nos IX Premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras nalgunha das súas dúas modalidades: campaña ou idea, dotadas con 2000 e 1000 euros, respectivamente.


Correlingua 2012 (Correlingua , mércores, 02 de maio de 2012)

Galego: todo o que buscas. Tal é o lema do Correlingua deste ano, que comeza o día 2 en Ourense e chega a Santiago e a Lugo os días 7 e 8 de maio.

Lembra que o Correlingua é un conxunto de carreiras pola lingua en que participan centros de ensino de toda Galiza, que se celebran de xeito regular desde o 2000. Cada unha das carreiras rematará cunha festa pola lingua que contará con actuacións teatrais e musicais por parte dos artistas convidados e do propio alumnado.


VIII Premios á calidade lingüística dos traballos académicos, TFG e proxectos de fin de carreira (Premios á calidade , mércores, 01 de febreiro de 2012 ao domingo, 23 de setembro de 2012)

Dezaseis centros da USC organizan os VIII Premios á calidade e VI Premio á excelencia lingüística para este curso 2010-2011, co obxectivo de fomentar o uso do galego e o coidado pola calidade formal dos traballos académicos das titulacións de grao, así como das de 1º e 2º ciclo, sexan estes traballos de curso (modalidade a) ou traballos de fin de grao e proxectos fin de carreira (modalidade b). Podes gañar ata 600 euros! Preséntaos ata o 23 de setembro.


Matrícula para os exames dos Celga (Convocatoria da SXPL no DOG , mércores, 01 de febreiro de 2012 ao martes, 03 de abril de 2012)

Ata o 3 de abril está aberto o prazo de matrícula nas probas para a obtención dos Certificados de lingua galega (Celga) en 2012, ás que se poderán presentar persoas maiores de 16 anos. Os exames dos Celga 1, 2, 3 e 4 serán no mes de xuño en varias cidades galegas e españolas.




 


Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica en galego (Información e matrícula , luns, 06 de febreiro de 2012 ao martes, 06 de marzo de 2012)

Ata o 6 de marzo está aberto o prazo de matrícula no "Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica en galego I", destinado ao alumnado das titulacións de Dereito. A inscrición é de balde e está recoñecido cun crédito de libre configuración. Desenvolverase na propia Facultade de Dereito (aula 15) os xoves 8, 15, 22 e 29 de marzo e 12, 19 e 26 de abril: tres horas unha tarde á semana, de 16:00 a 19:00 h.


Remata a matrícula nos cursos de elaboración de traballos académicos (Cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación , venres, 09 de decembro de 2011)

O día 9 de decembro remata o prazo de matrícula nos cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación, que comezarán o luns 12 en Psicoloxía, Dereito, Filosofía (no Campus de Santiago) e en Dirección e Administración de Empresas de Lugo.


Somos a curta! A curta gañadora é... (Somos a curta! , mércores, 14 de decembro de 2011)

O mércores 14 de decembro, nunha gala que comezará ás 19:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación, exhibiranse as cinco curtas finalistas do concurso «Somos a curta!» e o xurado decidirá cal é a fita gañadora dos 600 euros de premio. O xurado está formado polo crítico e director de cinema Xurxo González, o actor Miguel de Lira e os profesores e membros da CNL da Facultade Xosé López e Marta Pérez.


Xornadas de Recursos educativos: Bacharelato (IV Xornadas de recursos educativos en galego , venres, 16 de decembro de 2011)

Os días 16 e 17 de decembro desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Educación as IV Xornadas sobre recursos educativos, centradas desta volta no nivel de bacharelato.


Somos a curta! Certame de comedia (Somos a curta! , venres, 25 de novembro de 2011)

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación convoca o certame "Somos a curta!", dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.

O prazo para presentar as propostas remata o día 25 de novembro de 2011. As pezas presentadas ao concurso exhibiranse ao público nunha gala, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 14 de decembro de 2011. Un xurado decidirá e outorgará o premio do certame, dotado con 600 euros e diploma honorífico.


"Pelos na lingua", en Económicas , mércores, 16 de novembro de 2011)

O vindeiro día 16 de novembro ás 12:00 h, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o grupo Talía poñerá en escena "Pelos na lingua", un novo espectáculo de humor e retranca sobre a situación da lingua galega, que segue a "Bicos con lingua". Organiza a Comisión de Normalización Lingüística e enmárcase dentro da Quincena Cultural do centro. A entrada é libre e de balde.


III Xornadas Educación e linguas en Galicia (Educación e linguas en Galicia , venres, 25 de novembro de 2011)

Os días 25 e 26 de novembro celebranse as III Xornadas Educación e linguas en Galicia, organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación. Desta volta centraranse no imaxinario social sobre o galego. O prazo de matrícula está aberto ata o día 10 de novembro e é de balde. Está solicitado 1 CLC para todas as titulacións.


Xornadas Os medios en galego, importan? (Os medios en galego, importan? , martes, 08 de novembro de 2011)

Os días 8, 9 e 10 de novembro celebraranse na Facultade de Ciencias da Comunicación as Xornadas "Os medios en galego, importan?", organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística do centro.


Presentación de novas unidades didácticas (Colección "UD. Unidades didácticas" , venres, 25 de novembro de 2011)

As vinte e catro novas unidades didácticas froito do último "Obradoiro de elaboración de unidades didácticas", celebrado na Facultade de Veterinaria, será presentadas no Campus de Lugo.


Curso de verán: Aprender a localizar aplicativos ao galego (Aprende traducindo , luns, 05 de setembro de 2011)

O curso, de 16 horas lectivas, desenvolverase do 5 ao 8 de setembro na facultade de Dereito. Os obradoiros, en horario de tarde todos eles, tratarán de introducir no mundo do software aberto e da localización ao galego a todos e todas as participantes ao longo destes catro días.


VIII Premio «Luísa Villalta» (Premio Luísa Villalta , venres, 11 de novembro de 2011)

Ata o 11 de novembro poderás presentar os teus traballos ao VIII Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras. Podes optar a un premio de 3000 euros, se deseñas unha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario, ou a un de 1500 euros, se presentas unha idea para a promoción do galego que de xeito razoado explique unha proposta cuxo obxectivo for o fomento da lingua galega no ámbito universitario.