Un idioma preciso

Pasa a folla

Lévy-Strauss e Humboldt, en galego

Mércores, 24 de febreiro de 2021

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

O activismo lingüístico no eido das novas tecnoloxías lévanos dado moitas alegrías. Trasno asume o proxecto Common Voice, de Mozilla, para que este proxecto de intelixencia artificial de recoñecemento de voz, que posibilita os típicos asistentes de voz como Alexa ou Siri e, en xeral, que os dispositivos electrónicos falen e entendan, teña aplicación ao galego. Para iso necesítase colaboración, concretamente, precísase recadar un número importante de frases curtas de uso cotián - máis de 5.000 - para que, logo, falantes nativos galegos graven as súas voces interpretando esas frases recadadas. Todas as gravacións serán analizadas por este modelo e farán «maxicamente» que as máquinas entendan o noso prezado idioma. Ao longo do proxecto podemos axudar de varias formas.


icono de ABAIXO

Unha avogada, Elsa Quintas, relatou nas súas redes sociais a súa experiencia tratando de poñer unha denuncia en galego. Atopou todos os atrancos posibles por este motivo na comisaría de policía e por iso lle levou tres horas. Pero conseguiuno. Porque era avogada e tiña claro que podía. Tamén debe ter claro que se pode usar nos xulgados e, porén, só nun 1% dos procesos xudiciais se emprega o galego, malia pedirse nun 20%, segundo denuncia A Mesa. De novo os atrancos comezando pola aplicación Minerva, empregada para tramitar os expedientes legais, que, ao non estar en galego, imposibilita que os profesionais da administración de xustiza" poidan utilizar o noso idioma.


Calendario

« Mai, 2021 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

As linguas da docencia da USC

O uso das linguas na docencia global de todas as titulacións da USC deste curso 2020-2021 pode describirse, redondeando, con tres cifras: 74-22-4.

Luns, 22 de febreiro de 2021

Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022

Tras ser aprobado polo Claustro do pasado 2 de decembro, a USC conta cun novo documento que guiará a política de normalización lingüística ata 2022. Axunta un total de vinte e sete accións repartidas nos eidos do goberno e a xestión, a docencia, a investigación e a proxección universitaria.

Luns, 22 de febreiro de 2021

As vacinas, en 125 termos esenciais

O Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de publicar ‘Termos esenciais de vacinas’, unha listaxe de 125 denominacións en galego de bUSCatermos que describen conceptos relacionados cos antíxenos, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización.

Luns, 22 de febreiro de 2021

A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?

Este galardón recoñece o esforzo a prol do uso da lingua galega na Universidade e leva o nome do profesor de Dereito Civil que  pronunciou a primeira lección en galego da USC.

Venres, 19 de febreiro de 2021

Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas

O Curso de Habilidades Comunicativas é unha actividade formativa telepresencial cuxo obxectivo é mellorar as competencias comunicativas para a elaboración e defensa de traballos académicos, TFG, TFM e teses. A convocatoria dos cursos do segundo cuadrimestre suscitou un grande interese entre o alumnado.

Venres, 19 de febreiro de 2021

Suplemento de ciencias da saúde para o corrector ortográfico

O Servizo de Normalización Lingüística da USC presenta un novo suplemento temático para os correctores ortográficos de galego, o de Ciencias da Saúde, que se engade aos de Dereito, Matemáticas e Economía e Empresa. Con estes produtos derivados de bUSCatermos preténdese facilitar o uso do galego escrito na comunicación académica e científica destas disciplinas.

Xoves, 18 de febreiro de 2021

Vinte e catro novos Esenciais para apoiar o teu estudo

Documentos que che presentan de xeito claro e mesmo gráfico os conceptos máis importantes dunha materia ou de parte dela, elaborados polos seus propios docentes. Iso son os Esenciais USC, unha colección didáctica en galego para apoiar o teu estudo.

Xoves, 18 de febreiro de 2021

75-21-4

O uso das linguas oficiais na docencia de todas as titulacións da USC debuxa unha situación pouco equilibrada, que se resume, redondeando, en tres cifras: 75-21-4.

Venres, 31 de xaneiro de 2020

Linguas, departamentos e tipos de profesorado

Entre as diversas posibilidades que ofrece a debulla dos datos lingüísticos da docencia, a súa relación cos departamentos e as categorías do profesorado semellan claves para poder acabar de definir liñas de actuación.

Venres, 31 de xaneiro de 2020

Dezasete cursos pescudando datos lingüísticos

Podemos obter unha perspectiva bastante razoable sobre como evolucionou o uso das linguas na docencia da USC xa que contamos cos datos correspondentes a dezasete cursos, dende o 2003-2004.

Venres, 31 de xaneiro de 2020