Un idioma preciso

Pasa a folla

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Martes, 26 de novembro de 2019

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

O gaélico irlandés e o gaélico escocés son as linguas tradicionais de Irlanda e Escocia, e gozan dunha saúde precaria. Porén, comezan a darse pasos para mellorar a súa situación: o novo acordo entre os gobernos de Irlanda e Gran Bretaña, apoiada por unionistas e Sinn Féin, augura grandes avances para a oficialización da lingua irlandesa nos seis condados do norte baixo soberanía británica. E nas Hébridas Exteriores, de Escocia, os nenos serán inscritos por defecto no sistema de educación en lingua gaélica a non ser que os pais e nais opten explicitamente porque o sexa en inglés. Ata agora era xustamente o contrario, cando as Hébridas Exteriores teñen a maior proporción de gaélico-falantes (52%).


icono de ABAIXO

Calquera vulneración de dereitos é, de seu,  inxusta, pero se a persoa maltratada é un neno, ademais é indignante. Unha pediatra do Hospital Álvaro Cunqueiro pediulle a un rapaz de sete anos que cambiase de lingua, que non o entendía. É indignante porque o fixo de malas maneiras. É indignante que unha persoa se vexa obrigada a prescindir da súa lingua, que non é unha lingua calquera, senón a propia e oficial dese territorio, porque un empregado público non a entende. É indignante porque non se establece o requisito de, sequera, entender o galego para as súas contratacións de persoal sanitario, precisamente para evitar situacións coma esta. É indignante porque non se fomenta a sensibilidade polos dereitos lingüísticos nin conciencia de que dirixirse á paciente no seu propio idioma ten implicacións no acto médico.

Calendario

« Ago, 2019 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

75-21-4

O uso das linguas oficiais na docencia de todas as titulacións da USC debuxa unha situación pouco equilibrada, que se resume, redondeando, en tres cifras: 75-21-4.

Venres, 31 de xaneiro de 2020

Linguas, departamentos e tipos de profesorado

Entre as diversas posibilidades que ofrece a debulla dos datos lingüísticos da docencia, a súa relación cos departamentos e as categorías do profesorado semellan claves para poder acabar de definir liñas de actuación.

Venres, 31 de xaneiro de 2020

Dezasete cursos pescudando datos lingüísticos

Podemos obter unha perspectiva bastante razoable sobre como evolucionou o uso das linguas na docencia da USC xa que contamos cos datos correspondentes a dezasete cursos, dende o 2003-2004.

Venres, 31 de xaneiro de 2020

Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica para o alumnado do Grao de Dereito

As persoas tituladas en Dereito deben coñecer a súa linguaxe de especialidade tanto en castelán como en galego para poderen cumprir no seu futuro profesional coas obrigas lingüísticas marcadas pola lei na Administración e na Xustiza. O Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica fornece esa formación específica na nosa lingua.

Xoves, 30 de xaneiro de 2020

Grande interese polo Curso semipresencial de Habilidades Comunicativas

O alumnado respondeu moi positivamente á transformación do Curso de Habilidades Comunicativas en semipresencial, polo que as prazas dos tres módulos (Redacción científica, Falar en público e Presentacións dixitais eficientes) esgotáronse moi axiña no Campus de Santiago.

Xoves, 30 de xaneiro de 2020

Vés de fóra de Galicia? Temos cursos de galego para ti

O 7 de febreiro comeza o segundo semestre de todos os cursos de linguas do Centro de Linguas Modernas da USC: alemán, catalán, francés, italiano, portugués. Tamén galego para non galegofalantes, para o cal aínda tes ata o 4 de febreiro para matricularte se estudas no Campus de Santiago.

 

 

Xoves, 30 de xaneiro de 2020

Cambia a túa mirada. Campaña de sensibilización lingüística en Veterinaria

Máis do 60% dos novos estudantes que cada ano acceden á Facultade de Veterinaria proceden de fóra de Galicia e, nalgúns casos, traen prexuízos sobre a cidade e sobre o galego. "Cambia a túa mirada"é unha campaña de dinamización para contribuír a transformar esas opinións previas en actitudes positivas.

Venres, 22 de novembro de 2019

Bioloxía ten razóns para usar o galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Bioloxía desenvolve unha campaña de dinamización para que o novo alumnado siga usando o galego ao chegar á Facultade, “O galego ten razóns. E ti, que razón tes?”, cunha boa participación do estudantado.

Venres, 22 de novembro de 2019

Os XV Premios á calidade lingüística xa teñen quen os gañou

Os Premios á calidade lingüística dos traballos académicos, TFG e TFM en galego xa son un “clásico” no que participan cada vez máis alumnas e alumnos, que se resolve todos os anos nos meses de setembro e outubro, entre grande expectación. Tardamos -era moi difícil escoller, nalgúns casos-, pero resolvéronse!

Venres, 22 de novembro de 2019

Resólvese os concursos “Mazarelos” e “Somos a curta”

O concurso literario "Mazarelos", organizado pola CNL da Facultade de Filoloxía, e o concurso de curtas sobre cinema do real “Somos a curta”, da CNL de Ciencias da Comunicación, xa teñen gañadoras e gañadores.

Venres, 22 de novembro de 2019