Un idioma preciso

Pasa a folla

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

Dos 600 alumnos do IES María Casares de Oleiros, ningún admitía falar en galego. Porén, 200 apuntáronse ao “Desafío 48 horas: hoxe falo galego”, e a maioría na modalidade ProGalegoPlus, para usalo en todas as situacións, orais e escritas, dentro e fóra do centro. Na nosa mocidade, malia todos os prexuízos, malia un contexto sociolingüístico adverso como este de Oleiros, aínda hai espazo para o galego e son quen de comprometerse a falalo dous días seguidos en todas as ocasións. Hai espazos en galego para a nosa mocidade?


icono de ABAIXO

“É unha pena que non nolo falasen antes, nin en Infantil nin en Primaria, que non nolo aprendesen desde pequenos na casa”."Sabemos falar o galego pero case nunca o facemos porque ninguén o fala ao noso arredor". "Tendo en conta que nós nunca o falamos, nin na familia nin as amigas, non ten sentido que tamén na escola teña tan pouca presenza, pq así nunca o imos poder falar ben”. "Eu penso que dende pequenos deberíannos falar en galego, para estar máis familiarizados". Adolescentes do noso país, comprometidos no Desafío 49 horas: hoxe falo galego, queixándose de falta de espazos en galego na familia, na escola, na contorna... Facemos algo?

Calendario

« Dec, 2019 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

Suplementos temáticos

Suplemento de vitaminas para o teu corrector ortográfico

Xa podes descargar e instalar os suplementos temáticos que elaboramos e que lle axudan ao corrector ortográfico a ser máis preciso cando revisa textos técnicos en galego. Tes ao teu dispor os das áreas de economía e empresa e de dereito; nos vindeiros meses irase ampliando a oferta.

Xoves, 23 de maio de 2019

A USC poténciase como .gal

A USC está a potenciar .gal como xeito de estarmos en Internet. Un plan técnico e de comunicación que xa comezou, artellado en varias fases, posibilitará que usc.gal sexa por fin o enderezo referente da nosa universidade.

Xoves, 23 de maio de 2019

Con traballos, curtas ou con literatura, aínda podes participar en...

Achégase o final do curso, mais aínda tes a oportunidade de participares en varios concursos abertos. Se o teu é centrarte nos estudos e fas traballos en galego, podes optar aos Premios á calidade lingüística. Se tes certa vea artística e escribes ou fas vídeos, tes oportunidades co certame literario “Mazarelos” e con “Somos a curta”, o concurso de pezas audiovisuais de cinema do real.

Xoves, 23 de maio de 2019

O meu elemento e TED-Saúde, dous concursos resoltos

Nos dous concursos andan vídeos de por medio e o galego é a lingua que cómpre promocionar, pero aí rematan as coincidencias. O meu elemento e TED-Saúde son os dous concursos das comisión de normalización que acaban de resolverse. Queres saber quen os gañou?

Xoves, 23 de maio de 2019

Mudanzas nos requisitos de idioma para alumnado e PDI

O Claustro da USC celebrado o pasado 10 de maio aprobou suprimir o requisito de acreditar o coñecemento dunha lingua estranxeira ao nivel B1 para  obter o título de grao. E o Consello de Goberno do 8 de abril, aprobou un novo Regulamento de selección de profesorado non permanente co cal o coñecemento das dúas linguas oficiais –e xa que logo, o coñecemento do galego- para a ser requisito.

Xoves, 23 de maio de 2019

Nova versión de bUSCatermos

Entraches estes últimos días en bUSCatermos e deuche a sensación de que as consultas van máis rápidas ca antes? Pois atinaches, pero non é cousa da túa conexión, senón da nova estrutura que implantamos nesta base de datos. Pero tamén presenta novidades máis substanciosas...

Xoves, 23 de maio de 2019

En que linguas se redactan e defenden os TFG e TFM?

Galego e castelán son os dous idiomas oficiais da USC, coa distinción de que o galego é a lingua propia. E ademais utílizase tamén outras linguas na actividade académica. Que linguas utiliza o alumnado á hora de elaborar e defender os seus traballos académicos? Velaquí os datos referidos aos TFG e TFM.

Martes, 05 de marzo de 2019

A calidade lingüística ten premios por décimo quinta vez!

A USC convoca unha nova edición –a décimo quinta- dos “Premios á calidade lingüística”, co obxectivo de fomentar o uso do galego entre o estudantado, ligado ao espallamento da cultura da calidade na elaboración e defensa dos seus traballos, sexan académicos de curso, TFG-PFC ou TFM.

Martes, 05 de marzo de 2019

Cinema nos Encontros de Lúa Chea de marzo

O documental Tódalas mulleres que coñezo centra o Encontro de Lúa Chea do mes de marzo, que se vai desenvolver no Salón de Actos da Fac. de Formación do Profesorado, o vindeiro 6 de marzo a partir das 7 da tarde.

Venres, 01 de marzo de 2019

Os idiomas nas teses de 2018

O pasado ano defendéronse 231 teses de doutoramento na nosa Universidade. «Estudo dos fluxos fiscais directos e indirectos entre Galicia e a Administración Central. Unha análise a través da balanza fiscal básica e ampliada e dos fluxos interterritoriais ocultos», foi unha das 19 teses de doutoramento que se defenderon utilizando o galego: once redactáronse unicamente en galego, en dúas utilizouse como lingua principal e nas restantes seis, como lingua secundaria.

Xoves, 28 de febreiro de 2019