Un idioma preciso

Pasa a folla

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

O galego é a quinta lingua do mundo no boletín de referencia internacional de Astronomía. Acaba de publicarse na nosa lingua «A lista de Hilbert», os problemas matemáticos máis famosos da historia e que levan guiado o camiño desta disciplina durante todo o século XX. A Real Academia Galega incorporou no Dicionario unha morea de termos matemáticos grazas á colaboración de filólogos e matemáticos. Sen prexuízos, a lingua de Rosalía avanza na ciencia exacta.


icono de ABAIXO

Un médico considera que alguén galegofalante debe selo non con «acento de cidade», senón con «acento paleto». Os prexuízos lingüísticos seguen existindo, ligan o galego con estigmas sociais. E hai quen, á mantenta e se cadra con propósitos espurios, alenta prexuízos con falsidades, como o da imposición do galego e a prohibición do castelán, e mesmo chega a competir por facer propostas máis extremistas contra o noso idioma e contra os dereitos de quen o fala.

Calendario

« Xan, 2019 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

Vitaminas para o teu corrector ortográfico

Xa podes descargar e instalar os suplementos temáticos que elaboramos e que lle axudan ao corrector ortográfico a ser máis preciso cando revisa textos técnicos en galego.

Comezamos polas áreas de economía e empresa e de dereito, pero iremos facendo máis nos vindeiros meses.

Martes, 12 de marzo de 2019

En que linguas se redactan e defenden os TFG e TFM?

Galego e castelán son os dous idiomas oficiais da USC, coa distinción de que o galego é a lingua propia. E ademais utílizase tamén outras linguas na actividade académica. Que linguas utiliza o alumnado á hora de elaborar e defender os seus traballos académicos? Velaquí os datos referidos aos TFG e TFM.

Martes, 05 de marzo de 2019

A calidade lingüística ten premios por décimo quinta vez!

A USC convoca unha nova edición –a décimo quinta- dos “Premios á calidade lingüística”, co obxectivo de fomentar o uso do galego entre o estudantado, ligado ao espallamento da cultura da calidade na elaboración e defensa dos seus traballos, sexan académicos de curso, TFG-PFC ou TFM.

Martes, 05 de marzo de 2019

Cinema nos Encontros de Lúa Chea de marzo

O documental Tódalas mulleres que coñezo centra o Encontro de Lúa Chea do mes de marzo, que se vai desenvolver no Salón de Actos da Fac. de Formación do Profesorado, o vindeiro 6 de marzo a partir das 7 da tarde.

Venres, 01 de marzo de 2019

Os idiomas nas teses de 2018

O pasado ano defendéronse 231 teses de doutoramento na nosa Universidade. «Estudo dos fluxos fiscais directos e indirectos entre Galicia e a Administración Central. Unha análise a través da balanza fiscal básica e ampliada e dos fluxos interterritoriais ocultos», foi unha das 19 teses de doutoramento que se defenderon utilizando o galego: once redactáronse unicamente en galego, en dúas utilizouse como lingua principal e nas restantes seis, como lingua secundaria.

Xoves, 28 de febreiro de 2019

Convocadas as axudas á realización de teses en galego en 2019

Dende 1994, a USC convoca axudas á realización de teses en galego. Poderás presentar a túa solicitude de axuda (ata 400 euros en subvención directa) ata o 31 de outubro se realizas neste ano a túa tese de doutoramento en galego.

Xoves, 28 de febreiro de 2019

O profesor Gómez Segade, recoñecido co II Premio “Luís Porteiro Garea”

A USC concédelle o II Premio "Luís Porteiro Garea" á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago ao profesor emérito Xosé Antón Gómez Segade, catedrático de Dereito Mercantil da USC. O acto público de entrega do galardón desenvolverase no Paraninfo da Universidade o día 16 de setembro de 2019, coincidindo co aniversario da primeira lección en galego de que se ten constancia e que fóra pronunciada nese mesmo lugar o 16 de setembro de 1915 polo profesor Porteiro Garea.

Xoves, 28 de febreiro de 2019

Arrincan os Encontros de Lúa Chea de 2019

Este 27 de febreiro, a partir das 19 h, a Comisión de Normalización Lingüística da EPS de Enxeñaría bota a andar os Encontros de Lúa Chea de 2019.

Para este mes de febreiro propoñen unha conversa arredor do decrecemento, guiada e orientada por Carlos Taibo.

Luns, 18 de febreiro de 2019

En que linguas ensina a USC?

A USC transmite en castelán tres de cada catro horas de clase e en galego, algo máis dunha hora de cada cinco. E outras linguas, incluído o inglés, apenas teñen unha presenza significativa nas 482.464,07 horas docentes deste curso 2018-2019 na USC, só no 2,74% delas.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

Departamentos, profesorado e linguas

Os usos lingüísticos docentes, que inclúen todas as titulacións de grao e mestrado (482.464,07 horas de clases)  tamén varían en función dos 52 departamentos de que se trate e das categorías de profesorado.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019