Un idioma preciso

Pasa a folla

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Martes, 26 de novembro de 2019

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

Mercedes Alburquerque chegou de Murcia hai cinco anos para estudar Medicina. Está en quinto curso e fai as súas prácticas en Conxo, onde a maioría dos doentes son galegofalantes. E ela fala tamén con eles en galego, porque entende que, por pura profesionalidade, un médico debe entenderse co paciente na lingua en que a el lle resulte máis cómodo. Unha conclusión a que chegou soíña esta murciana despois de só cinco anos!


icono de ABAIXO

É certo que hai alumnado de fóra de Galicia. É certo que deben superar un duro exame, o MIR, a nivel español e en castelán. Pero tamén é certo que é a única Facultade de Medicina de Galicia, que o alumnado galego é o maioritario, que de aí sairán a maioría das médicas e médicos que atenderán en Galicia. E deben saír preparados para facelo nos dous idiomas oficiais. Un pírrico 1,6% de docencia en galego nos últimos cinco anos e a imposibilidade de facer exames en galego son algunhas das razóns polas que o alumnado de Medicina tamén protestou.

Calendario

« Dec, 2019 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

Veterinaria

Cambia a túa mirada. Campaña de sensibilización lingüística en Veterinaria

Máis do 60% dos novos estudantes que cada ano acceden á Facultade de Veterinaria proceden de fóra de Galicia e, nalgúns casos, traen prexuízos sobre a cidade e sobre o galego. "Cambia a túa mirada"é unha campaña de dinamización para contribuír a transformar esas opinións previas en actitudes positivas.

Venres, 22 de novembro de 2019

Bioloxía ten razóns para usar o galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Bioloxía desenvolve unha campaña de dinamización para que o novo alumnado siga usando o galego ao chegar á Facultade, “O galego ten razóns. E ti, que razón tes?”, cunha boa participación do estudantado.

Venres, 22 de novembro de 2019

Os XV Premios á calidade lingüística xa teñen quen os gañou

Os Premios á calidade lingüística dos traballos académicos, TFG e TFM en galego xa son un “clásico” no que participan cada vez máis alumnas e alumnos, que se resolve todos os anos nos meses de setembro e outubro, entre grande expectación. Tardamos -era moi difícil escoller, nalgúns casos-, pero resolvéronse!

Venres, 22 de novembro de 2019

Resólvese os concursos “Mazarelos” e “Somos a curta”

O concurso literario "Mazarelos", organizado pola CNL da Facultade de Filoloxía, e o concurso de curtas sobre cinema do real “Somos a curta”, da CNL de Ciencias da Comunicación, xa teñen gañadoras e gañadores.

Venres, 22 de novembro de 2019

Divulgamos a nosa investigación na nosa lingua

No mes de novembro celébrase o Día da ciencia en galego. As facultades de Matemáticas e Bioloxía organizaron cadansúa xornada de carácter divulgativo, protagonizada por investigadoras e investigadores novos, que presentaron de xeito amable a investigación que se están desenvolvendo aos estudantes de grao e mestrado dos centros.

Venres, 22 de novembro de 2019

Divulgar, debater e camiñar en Lugo

As comisións de normalización lingüística de Lugo colaboran en varios proxectos baixo o paraugas de Proxéctate en Galego. Entre eles, dúas actividades que promoven o uso do galego na comunicación da investigación e na reflexión comunitaria sobre temas de actualidade, así como o coñecemento de espazos naturais. Son o "DivulgaTerra", os "Encontros de Lúa Chea" e as "Camiñadas".

Venres, 22 de novembro de 2019

Educación, recursos educativos e linguas

A Facultade de Ciencias da Educación organizou nos meses de outubro e novembro dúas actividades dirixidas ao alumnado, para promover o coñecemento e a reflexión verbo dos recursos educativos na nosa lingua, e verbo dos resultados do Decreto do Plurilingüismo nos diversos niveis educativos.

Venres, 22 de novembro de 2019

Suplemento de vitaminas para o teu corrector ortográfico

Xa podes descargar e instalar os suplementos temáticos que elaboramos e que lle axudan ao corrector ortográfico a ser máis preciso cando revisa textos técnicos en galego. Tes ao teu dispor os das áreas de economía e empresa e de dereito; nos vindeiros meses irase ampliando a oferta.

Xoves, 23 de maio de 2019

A USC poténciase como .gal

A USC está a potenciar .gal como xeito de estarmos en Internet. Un plan técnico e de comunicación que xa comezou, artellado en varias fases, posibilitará que usc.gal sexa por fin o enderezo referente da nosa universidade.

Xoves, 23 de maio de 2019

Con traballos, curtas ou con literatura, aínda podes participar en...

Achégase o final do curso, mais aínda tes a oportunidade de participares en varios concursos abertos. Se o teu é centrarte nos estudos e fas traballos en galego, podes optar aos Premios á calidade lingüística. Se tes certa vea artística e escribes ou fas vídeos, tes oportunidades co certame literario “Mazarelos” e con “Somos a curta”, o concurso de pezas audiovisuais de cinema do real.

Xoves, 23 de maio de 2019