Pasa a folla

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Martes, 26 de novembro de 2019

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Termos esenciais de logopedia e audioloxía

Termos esenciais de logopedia e audioloxía galego-castelán-inglés é unha recompilación de vocabulario especializado nos trastornos da linguaxe, a fala, a voz e a audición (delimitación, estudo e posterior tratamento). Vai dirixida a todas aquelas persoas que, ben dende o ámbito académico (alumnado, profesorado, persoal investigador), ben dende o profesional (especialistas en logopedia, audioloxía, audición e linguaxe, psicoloxía ou medicina e, ademais, profesionais da tradución ou xornalistas) para cubrir as necesidades lingüísticas existentes nesta área de coñecemento.

Os seus autores, Ana Isabel Codesido García (profesora da Área de Lingüística Xeral da USC) e Xusto A. Rodríguez Río (técnico de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC) escolleron conceptos e fixaron a terminoloxía deste ámbito científico dende o punto de vista lingüístico, médico e terapéutico. O resultado é unha lista de 1000 termos en galego, con sinónimos e coas súas equivalencias en castelán e inglés e a súa adscrición a tres bloques temáticos: trastornos (da linguaxe, da fala, da voz e da audición), termos da neuroloxía e termos interdisciplinarios.

Trátase dunha obra nativa dixital, publicada en formato PDF. Por iso, a nivel estrutural, este glosario difire doutros da colección “Termos esenciais” (que vai polos 16 titulos) e carece de índices alfabéticos en español e inglés para buscar termos en calquera dos idiomas, porque está dotado dunha ferramenta de busca.

Este novo traballo pode consultarse e descargarse (está publicado baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional) non só na súa edición dixital en formato PDF, senón que, ademais, cada un dos 1000 termos xa están incorporados no bUSCatermos, a base de datos terminolóxica plurilingüe en aberto da nosa universidade.

A publicación aproveita o traballo realizado pola autora Ana Codesido para un proxecto a nivel europeo, liderado por profesores da Universidade de Gante (Bélxica) que non se rematou, o COMMUTER-Multilingual terminology database for speech-language pathology and audiology, que tiña como obxectivo final crear unha base de datos multilingüe (16 idiomas europeos, ademais de chinés e hebreo) que puidese abrirse á comunidade científica e profesional.

logopedia

??? Author ???

Martes, 26 de novembro de 2019