Pasa a folla

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Novos títulos en galego nos Clásicos do Pensamento Universal

Adóitase considerar que unha das probas da vizosidade e da potencialidade dun idioma é que conte con versións propias dos grandes clásicos da literatura e do pensamento. A Universidade de Santiago de Compostela contribúe co seu quiñón nesta tarefa de normalización lingüística e cultural cunha colección que verte ao noso idioma obras senlleiras da ciencia e o pensamento universais en coidadas traducións a cargo dos nosos mellores especialistas.

O pasado 26 de febreiro o Colexio de San Xerome acubillou a presentación de tres novos títulos da colección «Clásicos do Pensamento Universal», que dirixe dende a súa posta en marcha en 2002 o ex-reitor e profesor de Teoría da Literatura Darío Villanueva. Trátase dunha colección que coeditan a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación BBVA dende o ano 2002 e que foi merecedora da designación como Mellor Colección nos Premios Nacionais de Edición Universitaria en 2010.

Clásicos do Pensamento Universal son Platón, Aristóteles, Séneca, Maquiavelo, Erasmo, Mouro, Newton, Lavoisier, Beccaria, Darwin, Bernard, Von Neumann, Popper, MacLuhan, Freud… autores (sempre masculinos, ata agora, agás Primavera Silenciosa de Rachel Carson) que poden lerse en galego nesta colección á que agora se suman Thomas Hobbes (Leviatán, 1651), John Stuart Mill (Sobre a liberdade, 1859) e Stephen Hawking con Unha breve historia do tempo (1988). Deste xeito xa son 31 as traducións á nosa lingua que axunta a colección, grazas ao traballo de recoñecidos profesores universitarios, especialistas na materia de que se trate. As versións vense arrequentadas por breves estudos que nos achegan á obra, ao autor e ao seu contexto histórico, realizados tamén por expertos da USC.

Leviatán foi trasladado ao galego por Vicente Araguas e prologado por María Xosé Agra Romero; Sobre a Liberdade traduciuna e prologouna Xosé Luis Barreiro Rivas; Jorge Mira e José Edelstein realizaron a versión galega de Unha breve historia do tempo, tamén prologada por Mira.

Sen dúbida, unha magnífica oportunidade de achegarse aos clásicos do pensamento universal cunha coidada edición e cunhas extraordinarias traducións á nosa lingua.

 

??? Author ???

Xoves, 07 de marzo de 2019