Pasa a folla

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Guía dos elementos químicos

 

Guía dos elementos químicos

Neste 2019 en que se conmemora a táboa periódica e a figura de Mendeleiev, ten todo o sentido comezarmos o ano destacando un libro centrado na divulgación dos elementos químicos.

Esta Guía, elaborada por tres docentes da USC (Manuel Bermejo Patiño, Ana Mª González Noya e Marcelino Maneiro Maneiro), quere, en palabras dos propios autores, "difundir de maneira amena a historia da aparición de todos cantos elementos integran hoxe o sistema periódico, xunto con moitos outros coñecementos químicos". E faino traballando a partir doutra publicación previa (O nome e o símbolo dos elementos químicos) da que é consecuencia e derivación.

Trátase, pois, dunha obra de vocación divulgativa, que busca chegar a públicos moi diversos, e que para iso renuncia a entrar en grandes fonduras científicas, e que recorre a datos históricos, prácticos e nalgún caso anecdóticos, co fin de manter o interese de quen le.

É tamén un traballo idóneo para a lectura fragmentaria ou a consulta puntual, xa que se estrutura en pequenas unidades, cada unha delas dedicada a un elemento químico, presentadas a partir da súa posición na táboa periódica. Así, podemos comezar a ler por calquera das súas máis de 300 páxinas.

Cada unha destas unidades ou "capítulos" estrutúrase internamente en catro subapartados:

– nome e orixe do elemento

– vías para obtelo e propiedades que presenta

– aplicacións, tanto tradicionais como innovadoras

– importancia biolóxica e toxicidade, se é do caso.

Esta estruturación tan sistemática facilita o acceso á información que se busca, o seu uso como fonte de consulta e incluso a súa aplicación didáctica.

Esta aplicación didáctica parecen tela moi clara os autores, pois segundo eles mesmos afirman, os destinatarios naturais da Guía son o profesorado e o alumnado de ensino secundario. Curiosa situación esta en que boa parte dos "destinatarios naturais" dunha obra non poden utilizala por causa da lexislación establecida pola entidade que editou a tal obra. Évos o que hai.

Pero vistos os contidos que presenta, e a forma en que os organiza, parécenos un libro que tamén pode ser útil e interesante para os niveis introdutorios dos graos universitarios e para calquera persoa interesada na química ou con simple curiosidade científica.

Así que vos recomendamos esta Guía, útil non só polos seus contidos químicos, senón tamén por toda a terminoloxía que recolle, sistematiza e axuda a difundir (avalada ademais por Termigal).  Agardemos que unha futura difusión en formato dixital (.pdf ou similar) facilite as buscas de termos dentro do texto.

 

Servizo de Normalización Lingüística

Xoves, 31 de xaneiro de 2019