Novas recentes
As linguas da docencia da USC
Luns, 22 de febreiro de 2021
As vacinas, en 125 termos esenciais
Luns, 22 de febreiro de 2021
A quen recoñecerá o IV Premio “Luis Porteiro Garea “?
Venres, 19 de febreiro de 2021
Grande interese polo Curso de Habilidades Comunicativas
Venres, 19 de febreiro de 2021
Suplemento de ciencias da saúde para o corrector ortográfico
Xoves, 18 de febreiro de 2021
Vinte e catro novos Esenciais para apoiar o teu estudo
Xoves, 18 de febreiro de 2021
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
Xoves, 18 de febreiro de 2021
75-21-4
Venres, 31 de xaneiro de 2020
Linguas, departamentos e tipos de profesorado
Venres, 31 de xaneiro de 2020
Dezasete cursos pescudando datos lingüísticos
Venres, 31 de xaneiro de 2020
Novo Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022
O Plan de Accións de Normalización Lingüística 2020-2022 foi aprobado no Claustro do 2 de decembro de 2020 por 115 votos a favor, 1 en contra e 4 abstencións. Cúmprese así o a acción 3.2.1 da Programación Plurianual aprobada en 2019, “Elaboración, posta en marcha e avaliación dun novo plan de normalización lingüística que, unha vez aprobado polo Claustro, guíe a política lingüística da institución. Inclúe a tarefa dun estudo da realidade sociolingüística da USC.”, e que viña motivada polo baleiro deixado dende 2010, ano en que deixou de estar en vigor o último Plan de Normalización da USC.
O documento axunta un total de vinte e sete accións, repartidas nos eidos da xestión, a docencia, a investigación e a proxección universitaria. Cada unha delas apunta a un responsable da súa execución, datas de inicio e remate, así como indicadores e evidencias que que permitirán facer o necesario seguimento e a avaliación posterior.
Para a Comisión de Normalización Lingüística do Claustro, responsable da súa elaboración, un plan breve temporalmente e cunhas accións realistas en número e alcance, ha permitir unha maior axilidade no seu cumprimento. Porén, non lle resta ambición xa que pretende nos seus dous anos de vixencia “propiciar un salto cualitativo na extensión do uso da lingua galega na Universidade de Santiago de Compostela.” A Comisión subliña que xunta as accións e os recursos “dous son os factores verdadeiramente decisivos: por un lado, a vontade das autoridades académicas, e, polo outro, o compromiso unánime de todos os membros da comunidade universitaria”.
A Comisión de Normalización Lingüística do Claustro comezou cun diagnóstico da situación, para o cal consultou e/ou analizou diversas fontes:
- Resultados do anterior Plan de Normalización Lingüística.
- Conclusións das Xornadas “As linguas e a USC”, de reflexión sobre a política lingüística desta institución verbo da docencia (celebrada o 26/11/2018), e mais da investigación, comunicación, administración e servizos (celebrada o 07/10/2019).
- Datos anuais de usos lingüísticos na docencia, nas teses, nos TFG e TFM, e a súa evolución.
- Un primeiro adianto dos principais resultados do estudo sociolingüístico na USC (previsto tamén na acción antedita da Programación Plurianual) realizado a finais de 2019 e que está en proceso de redacción e edición.
- Como marco xeral, os estudos xerais sobre o coñecemento, uso e actitudes lingüísticas da Real Academia Galega e do Instituto Galego de Estatística.
A partir do diagnóstico, o Plan elaborouse a partir das achegas realizadas polas comisións de normalización lingüística dos centros, do equipo de goberno da USC e da propia Comisión de Normalización Lingüística do Claustro. A proposta foi sometida previamente a unha fase de alegacións por parte da comunidade universitaria antes de ser levada ao Claustro
Xoves, 18 de febreiro de 2021