Convocadas as axudas á realización de teses en galego en 2019

As axudas ás teses de doutoramento en galego outórganselles a aquelas persoas que elaboren e defendan estes traballos en lingua galega e así a soliciten a través do Rexistro Xeral da USC ou do rexistro da Sede Electrónica. Este ano o prazo remata o 31 de outubro; as persoas doutorandas que lean a súa tese con posterioridade terán que acollerse á seguinte convocatoria, a de 2020.

No web do Servizo de Normalización Lingüística pódese consultar a convocatoria e descargar o formulario de solicitude da subvención directa dun máximo de 400 € para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo. A axuda complétase con servizos de consulta e asesoría lingüística e terminolóxica, así como de asesoramento para a elaboración e uso de presentacións dixitais que se adoitan utilizar na defensa das teses, por parte do Servizo de Normalización Lingüística. Complementariamente o SNL fornece:

Dende 1994 a USC ofrece un programa de axudas ao uso do galego en teses de doutoramento. Este incentivo axiña se converteu nun referente en moitas outras universidades, tanto galegas coma dos países cataláns. Dende aquela, máis de 200 doutorandos e doutorandas solicitaron estas axudas na USC, contribuíndo deste xeito a estender o galego na investigación.

Xoves, 28 de febreiro de 2019