Novas recentes
75-21-4
Venres, 31 de xaneiro de 2020
Linguas, departamentos e tipos de profesorado
Venres, 31 de xaneiro de 2020
Dezasete cursos pescudando datos lingüísticos
Venres, 31 de xaneiro de 2020
Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica para o alumnado do Grao de Dereito
Xoves, 30 de xaneiro de 2020
Grande interese polo Curso semipresencial de Habilidades Comunicativas
Xoves, 30 de xaneiro de 2020
Vés de fóra de Galicia? Temos cursos de galego para ti
Xoves, 30 de xaneiro de 2020
Cambia a túa mirada. Campaña de sensibilización lingüística en Veterinaria
Venres, 22 de novembro de 2019
Bioloxía ten razóns para usar o galego
Venres, 22 de novembro de 2019
Os XV Premios á calidade lingüística xa teñen quen os gañou
Venres, 22 de novembro de 2019
Resólvese os concursos “Mazarelos” e “Somos a curta”
Venres, 22 de novembro de 2019
Os idiomas nas teses de 2013
«Microenxerto e recultivo do calo basal na micropropagación de material adulto de carballo e castiñeiro » non foi a única tese de doutoramento en galego na nosa Universidade: en 2013 elaboráronse 20, das cales 13 redactáronse unicamente en galego, e outros 7 incorporárono ben como lingua principal (7 teses) ou ben como lingua secundaria (9 teses). Cómpre aclarar que, nos casos en que o traballo se elabora en dous idiomas, cada un deles contabiliza como 0,5.
O abano de departamentos onde se presentan teses en galego é amplo, e abrangue dende, como é natural, Filoloxía Galega ata Produción Vexetal, Física Aplicada, Historia I, Ciencias da Comunicación, Teoría da Educación, Filosofía, Anatomía e Produción Animal, Bioloxía Celular e Ecoloxía...
Porén, o dato máis salientable é que o castelán segue sendo a lingua predominante nos traballos con que se lles pon o ramo aos estudos de doutoramento: das 293 teses lidas en 2013, 190 realizáronse neste idioma (o 64%). Ao seu lado, a utilización doutras linguas como o galego (7%), o portugués (8%), o inglés (20%) e outros (1%), resulta moito máis discreta. O inglés adscríbese a teses presentadas en departamentos de ciencias da saúde, ciencias puras e economía.
Se estudamos a evolución do uso dos idiomas dende o ano en que comezou o programa de axudas ao emprego do galego nos traballos de investigación iniciais, 1994, percíbese unha pequena progresiva diminución do uso do castelán a prol da utilización do galego, do portugués e doutras linguas, nomeadamente o inglés. Con todo, o seu uso non baixa do 60%. En relación ao inglés, cómpre salientar que deste último idioma só temos datos desagregados dende 2009 e que a tendencia é á alza.
![]() |
![]() |
A utilización da lingua galega nestes traballos, do cal temos datos dende 1990, presenta numerosos altibaixos e nunca chega a superar o 15%; agora levamos catro anos consecutivos de descenso. Máis importante aínda é que o cruzamento de datos de solicitantes de axudas á realización de teses de doutoramento en galego dende 1994 e de utilización da nosa lingua na docencia por parte destes mesmos profesores e profesoras, revela un grao de fidelización moi elevado ao uso do galego.
Malia os doutorandos e doutorandas contaren con axudas que incentivan o uso do galego por parte da USC, o certo é que só 7 das 13 teses defendidas exclusivamente na nosa lingua en 2013 con dereito á axuda solicitaron as subvencións de ata 400 euros ou o correspondente asesoramento lingüístico e terminolóxico.
Mércores, 02 de abril de 2014